viernes, 3 de abril de 2020

 DOBREGAR A CURVA DO MEDO




Quen nos diría que un bicho tan pequeniño, que nin siguiera se ve, nin tampouco o sentimos cando se pousa enriba de nós, é capaz de alterar as nosas vidas, ata facernos ficar nas nosas casas para estar a salvo e sentirnos seguros.

Si... seguros nas nosas casiñas!  Que palabra tan fermosa "casiña"! Neste estado de inquietude e medo que as veces podemos sentir, os fogares deben de ser lugares que nos aportan calma e tranquilidade

Temos que pensar que estando nas nosas casiñas,  non hai medo que se nos poña por diante. Así tamén estaremos dobregando a curva do medo para evitar que o coronavirus non cause estrago en nós, facéndonos fortes para axudar a esos soldados que están na primeira liña de combate e que están protexéndonos. Hai quen di, que o medo ou pánico corre máis co coronavirus. É máis CONTAXIOSO. Así que non permitamos que cunda o pánico.


Xa escribín tamén por aquí, que escribir pode chegar a ser terapéutico e sanador. Non se trata de crear ningunha obra literaria, senón de  dobregar a curva do medo da que falábamos antes.    Velaquí os efectos beneficiosos:
  • Axuda a estar máis serenos, menos ansiosos.
  • Mellora o  ánimo se o comparas con antes de empezar a escribir.
  • Axuda a detectar eses avisos que o corpo nos dá, e que xa sabes: sudoración, respiración acelerada, sensación de mareo...
  • Actúa como antídoto para enfermedades mentais máis graves como a depresión
  • Axuda a detectar eses pensamentos que van e veñen nunha viaxe con tanto frenesí que non hai quen lles poña freno. 
  • Pon en orde esas  palabras, que na nosa cabeza poden chegar a ter tal velocidade, que se atropellan unhas a outras, producindo un choque en cadea.
Hai unha última razón que tamén vale a pena. Os momentos que estamos a vivir van ser lembrados na historia, serán as nosas pegadas dentro dun tempo. E quen sabe... ó mellor o que escribas pode ser dun valor incalculable.... para poder transmitirlles ás xeracións futuras estes acontecementos, que sin dúbida se convertirán en históricos.
Podes empezar por facelo a modo de diario,  relatando os teus medos, preocupacións.  Pero tamén cousas boas, sensacións, vivencias positivas e satisfactorias que estás descubrindo estes días.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...