martes, 24 de marzo de 2020

POÑER NOME Ó QUE ME PASA




Nestes días tan difíciles que nos toca vivir é normal experimentar sentimentos e emocións que nos producen desacougo, malestar, medo, ansiedade. Pois ben, empezando por esta última que estou segura que a escoitaches algunha vez,  o primeiro que debemos de saber é como a definen os psicólogos, que son os profesionais que tratan de mantela á raia:

A ansiedade é unha resposta do noso organismo que se activa cando detectamos un perigo. Póñoche un exemplo para que o entendas mellor:

Imaxina a un home da prehistoria, vestido con peles e camiñando encorvado. De súpeto ve un león. Sen nin siquiera darlle tempo a pensalo, todo o seu corpo se tensa, os latidos do corazón aceléranse, a respiración tamén é moi apurada, empeza a sudar. Todos estos síntomas responden ó que é a ansiedade, pero sen embargo axúdanlle a tomar unha decisión de loitar ou huir para escapar do perigo. A esto chámase supervivencia. Dito así, diríase que neste caso esta reacción de medo ou ansiedade foi necesaria e útil.

Conclusión: Gracias á ansiedade, estamos aquí ti e máis eu porque se este home, que forma parte dos nosos antepasados, se quedase paralizado non estaríamos vivindo neste planeta.

Sen embargo, non sempre é útil. Todo na súa xusta medida. Pode deixar de ser unha alidada e converterse nunha mala compañeira de viaxe, cando se activa ante perigos que non son reais, ou nos que a probabilidade é moi baixa. Dígocho con outro exemplo:

Dous amigos Miguel e Pablo están desexando saber a nota de Matemáticas. Adicáronlle moito tempo porque no examen anterior teñen unha nota baixa e necesitan sacar polo menos un 7 para conseguir aprobar a avaliación. Esta materia non é das súas favoritas e incluso foron xuntos á clases particulares porque non lentenden as explicacións na clase. Cando o profesor lles dá as notas, ningún dos dous consigue aprobar. Ao rematar a clase é a hora do lecer. Miguel en vez de quedar cos seus amigos ,coma tódolos días, vaise  só, por detrás do Instituto, nun sitio apartado, non quere que os demáis o vexan chorando. Polo contrario, Pablo, queda cos seus amigos de sempre, fala con eles, danlle consellos e pouco a pouco consigue olvidarse, sentíndose moito mellor.

Conclusión: A diferencia está nos pensamentos que tiveron Miguel e Juan. No caso de Miguel puido pensar " nunca aprobarei as Mates" "non sirvo para estudar"... No caso de Pablo seguramente pensou " é só un examen" " haberá máis oportunidades"...

Vedes que a situación é a mesma para os dous amigos.  Sen embargo a emoción sentida foi diferente. No caso de Miguel sentiuse triste, abatido, angustiado.

Esto se o aplicamos á situación que estamos vivir nesta cuarentena é semellante. Todas os que vivimos neste mundo mundial estamos pasando polo mesmo, pero reacionamos de maneira diferente.

O truco está en pisar o pé do  freno e non apretar o pé do acelerador para evitar accidentes e fracturas que nos poden provocar moitas doenzas mentais. En todos os casos, estes pensamentos do tipo que tiña Miguel, son irracionais. 
  • Non teñen lóxica, nin sentido.
  • Son automáticos. Véñense á cabeza sen darnos conta. É complicado poñer control sobre eles
  • Non son útiles
  • Producen emocións moi fortes.
  • Normalmente expresamalos con absoluta seguridade. Probabilidade dun 100% " "Son un zoquete"
  • Non están baseados en evidencias, cousas demostrables. Os científicos formulan hipóteses, reúnen datos e probas, e no caso de que se confirmen mantéñense e se non descártanse.
Como podemos mantelos a raia?
  • Colle un lápiz e papel e anota todos estos pensamentos irracionais, intrusivos, tóxicos, venenosos. Axúdate das etiquetas que lles puxen para identificalos
  • Unha vez que os teñas anotados pensa en pensamentos alternativos que se adapten mellor  á realidade.
Algúns exemplos de pensamentos ilóxicos en relación ó coronavirus

  • Seguro que me infecto co Covid-19 ( eu e os meus familiares ): Fíxate outra vez nas etiquetas:
    • Prodúcenme emocións moi intensas de ansiedade e preocupación e non teño control sobre esto
    • Non é un pensamento útil. Poden bloquearme e levarme a realizar condutas que son contrapoducentes dende ver moitas noticias relacionadas con esto, facer caso de todos os bulos que circulan polas redes sociais, mirar síntomas en internet, querer comprar medicamentos en exceso. Esto non me axuda a coidarme, nen tampouo ós que están comigo.
    • Somos moi radicais na linguaxe que utilizamos. Facemos aseveracións xerais e de absoluta seguridade. " Existe un 100% de probabilidade de que me infecte porque os meus pais traballan no CHUAC". Ademáis tamén pensaremos que si nos contaxiamos nós ou os nosos pais, a sintomatoloxía será moi perigosa porque xa morreu unha enfermeira no País Vasco.
  • Qué pensamentos alternativos poderíamos adoptar?
    • Si non presento síntomas é  moi pouco probable que eu ou alguén da miña familia teña o virus.
    • Non me fixeron as probas polo tanto non podo sabelo.
    • Non teño síntomas e non coñezo ningún contaxiado no meu círculo máis cercano.
    • Se tomo as medidas de precuación, non nos vamos a infectar
    • Un só síntoma, como por exemplo a febre non quere dicir que me vaia a infectar
    • Se en última instancia dou positivo no test non quere dicir que sexa mortal.
  • Outras medidas para  autocontrolarte
    • Nada máis levantarte pensa en algo positivo: foi emocionante ver aplaudir á xente nos balcóns. Hoxe teño que acordarme de saír á ventana ás 8 da tarde. Vou facer un arco da vella para poñer nos cristais. #EstamosTodosNesto .Vou facer unha videochamada cos meus amig@s.
    • Se de cando en vez chegan á túa cabeza pensamentos que che producen malestar, párate uns segundos e fai algo para deter ese pensamento. Por exemplo, dar un pequeno golpe na cabeza, apretar os puños... apretar os ollos...
    • Podes tamén poñer posits de cores na túa habitación, mesa de estudo, nevera... con bromas, a infografía que está neste blog con cousas para manter a raia o coronavirus.
    • Outro exercicio que podes proba a facer é debuxar a curva da ansiedade, actividade proposta pola orientadora Rebeca no seu blog.  Fixate na ilustración:



Tamén quero que saibas, que todo esto que podes sentir, pásanos a todos os seres humanos. Ti non eres un bicho raro. 

Ata a túa familia pode experimentar estes medos. Só que ahora xa xogas con vantaxe, xa estás preparado para entendelos e ten en conta que incluso ás veces estes medos poden desencadear irritabilidade  rabia, e desesperación nestes días de tanta inseguridade e incertidumbre. Perdemos o control e a cabeza, que é ese comandante xeral, está fora de xogo. Estar na casa tantas horas xuntos, pode xerar roces  cos irmán, cos teus pais ou outros familiares. 

Por todo esto, se observas na casa algunha destas emocións, ten paciencia sobre todo cando haxa situacións de tensión. Mantente á marxe e busca o momento en que a situación se calme para xestionalo emocionalmente.

As persoas podemos compararnos coas árbores. Precisamos unhas raíces moi fortes para sobrevivir aos golpes do vento, das tormentas....( o coronavirus é unha delas ). Para fortalecer estas raíces temos que axudarnos uns os outros. Recorda #EstamosTodosNesto

Póñoche outra metáfora:

Xa sabes como son os cactus, están cheos de pinchos... e cando te achegas a eles ainda pinchan máis. Pois esto é o que nos pasa a moitos de nós e non nos damos conta de que pinchamos e pinchamos...

Non quero acabar, sen dicirche o importante que son as rutinas para manternos sans e fortes psíquicamente. Apórtannos sentido e seguridade ás nosas vidas e ainda máis se cabe nestes días. Insisto volve a darlle un vistazo á infografía que preparei para ti, por se aínda non a tes en ningún post. 

Fonte de consulta utilizada.

Este material  está elaborado por un grupo de psicólogas e poñen a disposición as súas contas de instagram para resolver calquer dúbida.




1 comentario:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...