lunes, 11 de junio de 2018

AS XORNADAS DE ACOLLIDA CREAN COMUNIDADE

Como xa ven sendo costume no noso centro, todos os anos organizamos unhas xornadas de acollida e convivencia co alumnado de sexto curso de Primaria do noso centro adscrito ao Instituto. Foron o pasado venres 8 de xuño.

Con este acto de benvida pretendemos facilitar ese tránsito de Primaria a Secundaria, unha primeira toma de contacto ou achegamento. Moi pronto pasarán a formar parte da nosa comunidade educativa, ou porqué non dicilo, dunha familia grande de algo menos de 300 alumnos. Crear comun(idade) educativa é establecer lazos e vínculos en común para facelas máis fortes, máis unidas, para que cada membro sinta que pertence a ela. Esto é realmente o verdadeiro sentido de organizar estas xornadas, tender pontes entre nós, crear redes para INCLUIR. Sí, eso que agora se oe tanto no eido educativo, "inclusión educativa" tamén ten sitio, nesto que conto.

É tamén un clásico, que os nosos alumnos mediadores fagan de guías para ensinarlles o centro así como intentar darlles respostas a aquelas dúbidas ou cuestións que lles puideran plantexar. Teño que dicir que mesmo temos "overbooking" entre a rede amplia de mediadores, para desempeñar esta labor de acompañamento. 

Este ano introducimos algunhas modificacións no percorrido que fixeron os alumnos grazas a colaboración dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, que sen dúbida deulles máis valor.  ( Máis abaixo podedes ver unha pequena mostra do que lles tiñan preparado así como a presentación utilizada para falarlles da etapa de Secundaria e outros aspectos do Instituto )

Tamén tiven a axuda dunha titora para amosarlles unha das aulas de referencia que posiblemente ocuparán cando cheguen en setembro. 

Non me podo esquecer destas catro alumnas de 1º de ESO,  colaborando na posta en escena deste video, no que contan as súas experiencias e vivencias nos primeiros días de Instituto.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...