ESTILOS DE APRENDIZAXE
Cada persoa pensa e aprende de maneira diferente. Algúns recordan
información escrita de xeito moi doado. Sen embargo outros aprenden se escoitan
falar. E tamén hai quen prefire probar a
facer cousas.
Ti podes ter unha mezcla de estilos de aprendizaxe ou descubrir que
tes unha predominancia nun deles. Saber máis sobre cales son as túas
preferencias para aprender, poden axudarche a ser máis efectivo . Velaiquí tes
unha análise dos estilos maís comúns:
A) VISUAL
- Se ti eres dos que utilizan o canal visual para procesar a información seguramente che gusta ler libros con ilustracións, diagramas.
- Pode que tamen che guste debuxar diagramas cando explicas algo ós demáis e recordas cousas visualizándos na túa mente. Normalmente tes boa orientación espacial por iso manexas ben os mapas.
- Non esqueces as caras da xente
-Utiliza rotuladores de cores para estudar
-Debuxa diagramas ou debuxos para ilustrar o que tes que aprender
-Estuda nun lugar tranquilo lonxe de ruídos ou distraccións
-Utiliza mapas mentais
-Mira videos do que estás estudando. Hoxe en día hai videos tutoriais de todas as materias. You tubeeducation é un dos canais que podes utilizar
-Fai posters para colgar en murais o que tes que aprender
B) AUDITIVO
Este estilo de aprender implica que che resulta doado expresarte oralmente e por escrito. Seguramente che gustará ler e escribir. Tamén disfrutas aprendendo rimas, trabalinguas, poemas. Serás dos
que aprenden cousas máis fácilmente cando tes que contarllas a alguén.
Aplicacións prácticas para o estudo
-Lé en alto
-Escoita podcasts ou programas de radio
sobre os temas que tes que estudar
-Fala con outras persoas sobre o que estás
estudando
-Usa acrónimos.
-Iventa frases para memorizar cousas que queres aprender.
-Usa audios grabados previamente para aprender contido.
-Inventa unha historieta ou palabras que rimen que
che axuden a recorder cousas
C) KINESTÉSICO OU MOVEMENTO
Son os que aprenden movéndose. Son persoas ás que lles gustan as actividades prácticas ou manuais, xogar algún deporte ou bailar. É probable que recordes cousas máis fácilmente se te estás movendo e seguramente eres dos que xesticulas moito coas mans, cando estás falando coa xente.
Aplicacións prácticas para o estudo
-Cando fagas descansos móvete
-Podes utilizar posits para poñer nas paredes ou corchos
-Masca chicle ou bebe auga mentras estás
estudando
-Usa técnicas de relaxación e respiración para tomar conciencia do teu estado cando estás aprendendo cousas. Este foi un gran secreto do rendemento dos atletas rusos nas pasadas décadas.
-A técnica do role-playing solo ou con alguén máis, tamén é efectiva para estimular o que estás aprendendo.
-As fichas e tarjetas do que tes que estudar poden axudarche a memorizar a información , porque podes tocalas e movelas.
http://www.learning-styles-online.com/overview/
Fontes de información:
http://www.opencolleges.edu.au/informed/features/whats-your-learning-style/http://www.learning-styles-online.com/overview/
No hay comentarios:
Publicar un comentario