FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
- Calendario de acceso e admisión
- Listaxe de alumnos admitidos e non admitidos: o día 11 de setembro
- Prazo de matrícula: dende o día 11 ata o 18 de setembro
- Requisitos de acceso:
- Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.
- Procedemento de admisión
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
a) Alumnado que cursase 2º de ESO.
b) Alumnado que cursase 3º de ESO.
c) Alumnado que cursase 4º de ESO.
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.
Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado.
Letras primeiro apelido: ¨H¨ e ¨E¨
Letras segundo apelido: ¨W¨ e ¨I¨
No hay comentarios:
Publicar un comentario