PREINSCRIPCIÓN NA UNIVERSIDADE E OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE
SE APROBO A SELECTIVIDADE
- Prazo para preinscrición na Universidade: Dende o 22 de Xuño até o 3 de Xullo
- Procedemento para facer a preinscripción: A través da aplicación NERTA. É importante que consultes as instrucións de uso.
- Ten en conta que dependendo das materias da fase voluntaria, das cales te examinaches e segundo os parámetros de ponderación de cada carreira universitaria, terás diferentes notas de admisión.
- Recorda tamén, que as NOTAS DE CORTE son orientativas e dícennos que nota acadou o último alumno convocado para cada titulación, no curso pasado.
Para preinscribirme fora de Galicia
- Preinscripción online : formularios, datas e consellos
- Buscador de todos os graos universitarios españoles coas súas notas de corte
- Debes ter en conta que para matricularte nunha Universidade de fora da nosa Comunidade deberías solicitar cambio de distrito. Para facer este trámite terás que ir ó LERD que che corresponda coa seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI
- Tarxeta de cualificación das PAU
- Carta de admisión da Universidade donde estás admitido.
Deste xeito aboando unhas tasas daranche unha xustificación para presentar no distrito donde efectúes a matrícula.
SE NON APROBO A SELECTIVIDADE
- Tes a opción de solicitar a revisión dos exames. Hai dous procedementos: reclamación e/ou segunda corrección. Nesta ligazón da CIUG podes atopar toda a información.
- Podes solicitar a admisión nun Ciclo Formativo de Grao Superior. Para iso é importante que consultes as seguintes ligazóns
- Impreso de solicitude de admisión
-Criterios de admisión
-Calendario de admisión
-Instruccións específicas para a solicitude
No hay comentarios:
Publicar un comentario