PROBAS DE OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS EN GALICIA NO 2014
Se pinchas na imaxe accedes a información
DATAS PARA A MATRÍCULA:
- Convocatoria de maio: Do 24 de marzo ao 4 abril de 2014, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: Do 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.
DATAS DOS EXAMES:
- Convocatoria de maio: 31 de maio.
- Convocatoria de setembro: 12 de setembro.
En sesión de mañá e tarde.
REQUISITOS PARA PRESENTARSE Á PROBA:
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente para efectos académicos.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, punto 5º da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
LUGARES PARA A MATRÍCULARSE NA CIDADE DA CORUÑA
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: Centro EPA Eduardo
Pondal, rúa Pepín Rivero, 3.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rafael Dieste, prol.
Manuel Murguía/esq. Rda. de Outeiro.
ENLACE CON MATERIAIS PARA PREPARAR A PROBA:
- Libros para Educación Secundaria a distancia.
- Unidades didácticas de Educación Secundaria semipresencial (Castelá)
- Unidades didácticas de Educación Secundaria semipresencial (Galego)
- Probas do mes de xuño de 2011
- Probas do mes de setembro de 2011
- Probas do mes de abril de 2012
- Probas do mes de setembro de 2012
- Probas do mes de maio de 2013
- Probas do mes de setembro de 2013
PODES DESCARGAR TODA A INFORMACIÓN NOS SEGUINTES ENLACES:
- Resolución pola que se convocan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria
- Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2014
- Información xeral sobre as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos
- Orde do 10 de febreiro de 2012 pola que se modifica a do 19 de febreiro de 2009 pola que se regulan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario