miércoles, 4 de mayo de 2022

VARIOS EX-ALUMNOS COMPARTEN AS SÚAS EXPERIENCIAS COMO UNIVERSITARIOS

Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García foron alumnos do noso centro, ata o curso pasado. Este ano están a cursar o seu primeiro curso na universidade. Non cabe dúbida, que a súas experiencias teñen un valor incalculable para o alumnado que en pouco tempo estará iniciando a mesma folla de ruta. 

De cando en vez, voltan ó Instituto para recoller o título e nalgún caso para recordar vellos tempos. Así foi como estes tres alumnos, e por iniciativa deles me dixeron que lle gustaría compartir as súas vivencias co alumnado do Instituto. Os escollidos foron as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato e estiveron con nós onte, día 3 de maio.

Prepararon unha presentación como guión para falarlles de:
- A transición entre o Instituto e a Universidade
- A importancia das rutinas e os hábitos na univesidade
- Facer a matrícula de 2º de Bacharelato tendo en conta os parámetros de ponderación
- Perder o medo ás ABAU
- Créditos na universidade
- Ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta
- Diferencias entre vivir nun piso compartido ou nunha residencia
- Horarios académicos distintos segundo o día da semana, na universidade
- Socialización e ocio

miércoles, 27 de abril de 2022

 CALENDARIO ABAU 

Datas que é convinte saber para andar a tempo. Non chega só con saber cales son os días das ABAU. Hai outras que hai que telas na cabeza para non perder prazos. Mira este calendario para este meses.

martes, 29 de marzo de 2022

I FEIRA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL NO CONCELLO DE OLEIROS 

O pasado venres día 25 de marzo, tivo lugar esta feira. Estes eventos son de especial relevancia para a  labor das orientadores e orientadores dos centros educativos dándolle pulo a orientación vocacional. 

Son oportunidades para que o alumnado se achegue ós stands, e ter información de primeira man, sobre as diferentes opcións académicas e profesionais. 

A organización desta feira empezou no mes de decembro, con varias reunións entres as orientadoras dos tres institutos do Concello de Oleiros, a concelleira de educación e personal da Casa da Mocidade.

Estas xornadas foron a porta cerrada en horario de mañán para o alumnado de 4º de ESO e xa pola tarde estiveron abertas a todo o público.

O abano de participantes foi bastante amplo. Houbo presenza, entre outros  de:

  • Universidade pública e privada
  • Formación Profesional
  • Escola de Pilotos
  • Escola de Tripulantes de Cabina
  • As Forzas Armadas
  • Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia






martes, 22 de marzo de 2022

 EDUREFERENTES FEMININAS EN GALICIA

O noso centro foi un dos seleccionados para participar no programa educativo "Edureferentes" ofertado pola Consellería de Educación. 

A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres,  é tamén un dos cometidos da orientación vocacional. Achegar referentes femininos que exercen a súa actividade profesional en distintos ámbitos, axuda a construir unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de estereotipo de xéneros.

Sonia Pazos e Asunción Fieira foron as dúas mulleres referentes que estiveron con nós. Forman parte da Asociación de Executivas de Galicia. A charla estivo dirixida ó alumnado de 2º de Bacharelato.







Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...