domingo, 12 de diciembre de 2021

 A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

Este curso foi Celso Rodríguez, profesor da USC da facultade de Matemáticas, quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade, ó alumnado de 2º de Bacharelato. 

Estivo con nós o pasado 1 de decembro. En representación do centro, quixera agradecer a dispoñibilidade desta Universidade, para acudir de xeito presencial ó noso centro, neste segundo curso académico Covid. As circunstancias tan especiais derivadas da situación epidemiolóxica trouxeron consigo a duplicidade das charlas nos dous grupos de bacharelato.


martes, 26 de octubre de 2021

 AS TITORAS E TITORES REÚNENSE COAS FAMILIAS  DO  NOSO ALUMNADO

Querendo voltar a normalidade, a como eran as cousas antes da pandemia, estes días terán lugar as reunións de cada titora e titor coas familias dos seus titorandos. Serán presenciais, coa máscara que nos tapa máis da metade da cara, pero polo menos permite manter un contacto máis cercano, sen que haxa unha pantalla polo medio. 
Velaquí tedes os temas máis destacables que poden ser de interese que coñezades.

martes, 28 de septiembre de 2021

 BECAS PARA ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO

Anualmente a Fundación Ortega convoca becas para que o alumnado de 4º de ESO teña a posibilidade no curso que ven, cursar 1º de bacharelato, en Estados Unidos ou Canadá. Estas axudas levan incluído:
  • 100% do custe dos servizos
  • viaxe de ida e volta
  • matrícula nun instituto, aloxamento e manutención nunha familia de acollida
  • seguro médico e de accidentes
  • convalidación do curso académico
  • asignación mensual para gastos menores

O procedemento de selección ten unha primeira fase donde  os 1200 participantes con puntuacións máis altas, terán que facer unha proba oral e entrevista a través dunha videochamada.
Amplía información consultando esta presentación interactiva.

jueves, 2 de septiembre de 2021

 BECAS MEC PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Para realizar a solicitude hai que darse de alta na sede electrónica e cumprimentar o formulario correspondente. Amplía a información, dándolle ó rato nos botóns.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...