Este blogue está dividido nas seccións que aparecen máis abaixo e a maiores todas as entradas están clasificadas con diferentes etiquetas.Podes atopalas no marxe dereito, na parte inferior.
miércoles, 30 de abril de 2014
martes, 22 de abril de 2014
viernes, 18 de abril de 2014
miércoles, 9 de abril de 2014
O noso Centro é un dos participantes nos " II Encontros de Centros para unha convivencia positiva". Asistiremos tres profesores do Centro e tres alumnas mediadoras. Estes Encontros van dirixidos ó profesorado, alumnado e familias. Ten unha finalidade formativa e de intercambio de experiencias levadas a cabo nos centros, fundamentadas nunha cultura de paz que leve a unha convivencia positiva.
martes, 1 de abril de 2014
AXUDAS O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA FORMARSE EN INGLÉS 2014
A Consellería de Educación acaba de convocar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
REQUISITOS:
- Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato no curso 2013/2014.
- Ter superadas todas as materias do curso 2012/2013 e ter acadado un mínimo de "ben" na materia de lingua inglesa.
- No ter concedida outra axuda coa mesma finalidade para o presente curso.
SOLICITUDES:
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a travé do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es . Para o cal é necesario ter DNI electrónico.
- Poderase cubrir en liña o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desd a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat que a persoa interesada deberá imprimir, asinar e entregar coa documentación correspondente nalgún rexistro.
- Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario.
PRAZO DE SOLICITUDE: Do 28 de marzo ao 29 de abril.
PERÍODO DAS ACTIVIDADES: Dende a última semana de xuño ata finais de agosto de 2014.
Podes atopar máis información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/
Suscribirse a:
Entradas (Atom)