domingo, 22 de marzo de 2020

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN SEGUE ESTANDO CON VÓS DENDE A CASA

Lamentablemente, hoxe levantámonos coa xa esperada noticia, de que temos que seguir en confinamento polo menos outros 15 días máis, á espera de que a Consellería de Educación nos manden instrucións, como así o fixo para estes primeiros 14 días. Poden vostedes consultalas aquí.

Quixera recordarlles que nunha publicación anterior se indicaban algunhas recomendacións para afrontar esta cuarentena nas nosas casas. Esta entrada irá actualizándose con máis materiais. Algúnhas merecen unha consideración especial, como é o caso das proporcionadas polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Son consellos de tipo emocional e anímico para saber como abordar situacións de convivencia, nos nosos fogares e que en definitiva, teñen que ver coa nosa saúde psíquica. 

No relativo a cuestións académicas, tamén saberán polos medios de comunicación  que as probas ABAU ou selectividade queda aplazada. Máis é probable que moitos de vostedes non tiveran acceso á información oficial da CIUG ( Comisión Interuniversitaria  Galega que organiza estas probas ). Neste outro documento publicado recientemente polo Ministerio, establece que se adoptarán as medidas para que ningún estudante perda o curso pola suspensión das clases presenciais. En relación ás ABAU aclara esto:




Outra cuestión non menos importante, é a relativa ós prazos administrativos. Como moitos de vós sabedes , o proceso de admisión para solicitar praza, noutros  centros educativos,   remataba  o día 20 deste mes. As instrucións que se citan anteriormente, recollen que este prazo finalizará unha semana despois do reinicio das clases.

Tamén quixera convidalos,  a que nestes días de encerro, consulten este blog de cando en vez,  por se houbesen novas. As tecnoloxías, nestes momentos, son un gran aliado para estar en contacto permanente. En relación a esto, rogaríalles que se saben dalgunha familia que non ten conexión a Internet, o Ministerio de Educación, empeza dende mañán cunha programamacion especial de clases na tele. Como sempre, as persoas con menos recursos, son as máis vulnerables e o aillamento ó que nos somete esta pandemia non é alleo a esta situación

E xa para rematar, e como persoa responsable do Departamento de Orientación do Instituto, quero facilitarvos os correos electrónicos dos dous profesores de apoio de Pedagoxía Terapéutica e o meu. Non dubidedes en poñervos en contacto con calquera de nós. Estamos á vosa disposición para calquera cousa na que poidamos axudarvos. Estamos na casa, pero en coordinación entre nós como departamento, e tamén co resto do equipo docente, mediante medios telemáticos. 

  • Pilar Morandeira Roel (profesora de Pedagoxía Terapéutica ):pilarmorandeira@edu.xunta.es
  • David Dieguez Souto (profesor de Pedagoxía Terapéutica ): david.dieguez@edu.xunta.es
  • Lourdes Otero Rodríguez ( Orientadora ): otero@edu.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario