jueves, 8 de febrero de 2018

ENCONTROS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO 

Hoxe mesmo, un grupo de 12 alumnos de 2º de Bacharelato e tres profesores, viaxamos a Santiago para establecer unha primeira toma de contacto, coas facultades desta Universidade. Son unhas xornadas de portas abertas, nas que o alumnado ten a posibilidade de visitar dous centros universitarios e hai diferentes itinerarios para escoller.

Unha boa parte dos alumnos que acudiron, quixeron visitar graos relacionados coas ciencias da saúde, sendo Mediciña a máis demandada. Houbo outros que optaron por visitar estudos relacionados coa rama de coñecemento de Ciencias: Farmacia e Bioloxía por unha banda e Enxeñaría Informática e Matemáticas por outra.

Xornalismo e Criminoloxía tamén foron de interese para algunha alumna. Convén indicar, que esta última titulación, será de oferta pública e recoñecida polo Ministerio de Educación no próximo curso. O número de prazas serán 50. 

A valoración feita polo alumnado foi positiva, aínda que nalgún caso, botáron en falta que non se lles ensinasen as instalacións, sobre todo naqueles graos con dependencias e laboratorios. Coido que esto sería importante, para acercalos á realidade dos estudos, que moitos deles pronto darán comezo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario