VÍAS PARA TER CUALIFICADA A FORMACIÓN PROFESIONAL
No pasado mes de Novembro a Consellería de Educación organizou unha Xornada de Orientación Profesional para os profesionais que traballamos no ámbito educativo e laboral. José Manuel Rodríguez Buján, Xefe do servizo de Ordenación e Formación Profesional, fixo unha exposición moi completa sobre as distintas opcións que ofrece o sistema educativo e laboral para estar cualificado para a Formación Profesional.
Aspectos salientables que eu destacaría por ser novedosos para min:
- O acceso á Formación Profesional para as persoas adultas non precisa requisitos académicos. Con experiencia profesional de polo menos 2 anos relacionada directamente co ciclo, as persoas pódense matricular en módulos asociados a unidades de competencia.
- Segundo o RD lei 5/2016, do 9 de decembro, poderán obter o título de Bacharelato, alumnado que superando as materias xerais dentro do bloque de materias troncais, segundo a modalidade que elixa, o alumnado de:
- Ciclos de grao medio e superior
- Ensinanzas Profesionais de Música e Danza
- Hai ciclos que teñen en común os módulos do primeiro curso e quedarían validados no caso de querer cursar un segundo ciclo formativo.
- Carpintería e Moble, e Instalación e Amoblamento
- Administración e Finanzas, e Asistenza á Dirección
- Deseño e Xestión da Produción Gráfica, e Deseño e Edición de Publicacións Impresa e Multimedia.
- Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, e Marketing e Publicidade
- Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, e Desenvolvemento de Aplicacións Web
- Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos, e Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
- Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, e Radioterapia e Dosimetría
- Laboratorio Clínico e Biomédico, e Anatomía Palolóxica e Citodiagnóstico
No hay comentarios:
Publicar un comentario