sábado, 27 de enero de 2018

VÍAS PARA TER CUALIFICADA A  FORMACIÓN PROFESIONAL

No pasado mes de Novembro a Consellería de Educación organizou unha Xornada de Orientación Profesional para os profesionais que traballamos no ámbito educativo e laboral. José Manuel Rodríguez Buján, Xefe do servizo de Ordenación e Formación Profesional, fixo unha exposición moi completa sobre as distintas opcións que  ofrece o sistema educativo e laboral para estar cualificado para a Formación Profesional. 

Aspectos salientables que eu destacaría por ser novedosos para min:
  • O acceso á Formación Profesional para as persoas adultas non precisa requisitos académicos. Con experiencia profesional de polo menos 2 anos relacionada directamente co ciclo, as persoas pódense matricular en módulos asociados a unidades de competencia.  
  • Segundo o RD lei 5/2016, do 9 de decembro, poderán obter o título de Bacharelato, alumnado que superando as materias xerais dentro do bloque de materias troncais, segundo a modalidade que elixa, o alumnado de:

         - Ciclos de grao medio e superior

         - Ensinanzas Profesionais de Música e Danza
  • Hai ciclos que teñen en común os módulos do primeiro curso e quedarían validados no caso de querer cursar un segundo ciclo formativo.

  1. Carpintería e Moble, e Instalación e Amoblamento
  2. Administración e Finanzas, e Asistenza á Dirección
  3. Deseño e Xestión da Produción Gráfica, e Deseño e Edición de Publicacións Impresa e Multimedia.
  4. Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, e Marketing e Publicidade
  5. Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, e Desenvolvemento de Aplicacións Web
  6. Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos, e Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos
  7. Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear, e Radioterapia e Dosimetría
  8. Laboratorio Clínico e Biomédico, e Anatomía Palolóxica e Citodiagnóstico




domingo, 21 de enero de 2018

AS MULLERES CIENTÍFICAS

Sabías que o 11 de Febreiro foi declarado polas Nacións Unidas como o Día Internacional da Muller e a Ciencia?


Sabías que o 8 de Marzo é o día Internacional da Muller como recoñecemento da súa contribución á historia e como loita da igualdade co home. En algúns lugares ata é declarado como día festivo como é o caso da cidade de A Coruña.

Sabías que vai haber un wikimaraton entre o 6 ao 19 de febreiro para crear artigos na wikipedia sobre as mulleres do mundo da ciencia?

Sabías que vai haber un concurso en Twitter o mesmo sábado 11 para adiviñar a identidade de investigadoras sobre as que irán dando pistas o Instituto de Biomediciña e Biotecnoloxía de Cantabria?

Sabías que a Xunta de Galicia convoca un concurso de carteis que consiste en recoller unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade, así como un lema en galego relacionado coa igualdade de xénero e a non discriminación (prazo ata o 17 de Febreiro )?

Sabías que só unha de cada cinco mozas de 15 anos quere adicarse a profesións técnicas?

Sabías que aínda que as mulleres acadan máis do 50% dos títulos universitarios, a súa presenza en carreiras como física e enxeñarías non chega ao 30%?

Sabías que aínda que moitas científicas estiveron involucradas en grandes descubrimentos, poucas persoas poderían nomear a unha investigadora que non fose Marie Curie? Velaquí tes un claro exemplo: 



Tamén podes ver este video dunha muller investigadora:



Se pensas que vale a pena loitar para visibilizar as mulleres científicas,  e así conseguir unha maior participación e empoderamento, aquí tes varias propostas, ademáis das anteriores: 
  • Debuxar mulleres científicas
  • Elaborar un guión con preguntas para entrevistar a mulleres científicas. Esta entrevista podería ser grabada en formato audio, video ou recollelo en produción escrita
  • Elaboración dun comic ou historieta
  • Investigar sobre algunha muller científica e redactar unha biografía.( Se premes aquí podes atopar algunha científica )
  • Proyecto Iguala Extremadura: mulleres na historia : un reto colaborativo en mi centro
Ligazóns relacionados:
https://activatuneurona.wordpress.com/2017/02/08/concurso-del-dia-internacional-de-la-mujer-y-la-nina-en-la-ciencia/

https://twitter.com/IBBTEC?lang=es
ttps://www.youtube.com/watch?v=Dglfms-PpJ4
https://11defebrero.org/tag/csic/


martes, 16 de enero de 2018

SELECCIÓN DE VIDEOS SOBRE OS CICLOS DE GRAO SUPERIOR

No taboleiro que aparece máis abaixo aparecen os videos que se citan no listado. Están contados por profesores que dan clase nestes ciclos e foron realizados pola plataforma " Descubre la FP"
  1. Técnico Superior en Sistemas Electrónicos e Atomatizados
  2. Técnico Superior en Educación Infantil
  3. Técnico Superior en Educación e Control Ambiental
  4. Técnico Superior en Hixiene Bucodental
  5. Técnico Superior en Iluminación, Captación e Tratamento da Imaxe
  6. Técnico Superior en Son para Audiovisuais e Espectáculo
  7. Técnico Superior en Procesos e Calidade na Industria Alimentaria
  8. Técnico Superior en Imaxe para o Diagnóstico e Mediciña Nuclear
  9. Técnico Superior en Anatomía Patolóxica e Citodiagnóstico
  10. Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede
  11. Técnico Superior en Documentación e Administración Sanitaria
  12. Técnico Superior en Radioterapia e Dosimetría
  13. Técnico Superior en Vestuario a Medida e de Espectáculos
  14. Técnico Superior en Proyectos de Edificación
  15. Técnico Superior en Xestión de Ventas e Espazos Comerciais
  16. Técnico Superior en Eficiencia Enerxética e Enerxía Solar Térmica
  17. Técnico Superior en Mecatrónica Industrial
  18. Técnico Superior en Proyectos de Obra Civil
  19. Técnico Superior en Deseño e Amoblamento
  20. Técnico Superior en Realización de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos
  21. Técnico Superior en Carazterización e Maquillaje Profesional
  22. Técnico Superior en Deseño de Aplicacións Web
  23. Técnico Superior en Transporte e Loxística
  24. Técnico Superior en Aplicacións Multiplataforma
  25. Técnico Superior en Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia
  26. Técnico Superior en Próteses Dentais
  27. Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico
  28. Técnico Superior en Animación en 3D, Xogos e Entornos Interactivos
  29. Técnico Superior en Laboratorio de Análise e Control de Calidade
  30. Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial
  31. Técnico Superior en Deseño e Produción de Calzado e Complementos
  32. Técnico Superior en Produción de Audovisuais e Espectáculos
  33. Técnico Superior en Axencias de Viaxe e Xestión de Eventos
  34. Técnico Superior en Comercio Internacional
  35. Técnico Superior en Xestión Forestal e Medio Natural
  36. Técnico Superior en Guía, Información e AsistenciasTurísticas
  37. Técnico Superior en Paisaxismo e Medio Rural

Hecho con Padlet

SELECCIÓN DE VIDEOS SOBRE OS CICLOS DE GRAO MEDIO E ALGÚN BÁSICO

No taboleiro de maís abaixo pode ver unha selección de videos que recolle a plataforma " Descubre la FP".  Varios profesores, contánnos que se aprende en cada un dos ciclos e cales son as salidas laborais. 
  1. Técnico en Instalación de Comunicacións
  2. Técnico en Video-Disc-Jockey e Son
  3. Ténico en Electromecánica de Veículos Automóviles
  4. Técnico en Actividades Físico e Deportivas no Medio Natural
  5. Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes
  6. Técnico en Aceites de Oliva e Viños
  7. Profesional Básico en Actividades Marítimo-Pesqueiras
  8. Técnico en Instalación e Amoblamento
  9. Técnico en Panadaría, Repostaría e Confitaría
  10. Técnico en Administración e Finanzas
  11. Técnico en Xestión Administrativa
  12. Técnico en Farmacia e Parafarmacia
  13. Técnico en Producción Agroecolóxica
  14. Técnico en Instalacións Frigoríficas e Climatización
  15. Técnico en Instalacións Eléctricas e Automáticas
  16. Profesional Básico en Perrucaría e Estética
  17. Técnico en Emerxencias Sanitarias
  18. Técnico en Cociña e Gastronomía
  19. Técnico en Conformado por Moldeo de Metáis e Polímeros
  20. Técnico en Mantemento de Material Rodante e Ferroviario
  21. Técnico en Excavacións e Sondeos
  22. Técnico en Xardinaría e Floristaría
  23. Técnico en Carpintaría e Moble
  24. Técnico en Electromecánica de Maquinaria
  25. Técnico en Preimpresión Dixital
  26. Técnico en Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación
  27. Técnico en Impresión Gráfica
Hecho con Padlet

lunes, 15 de enero de 2018

INFORMACIÓN BÁSICA  PARA AS FAMILIAS DE ALUMANDO DE INCORPORACIÓN TARDÍA

Esta guía pretende proporcionar información básica á aquelas familias que a Inspección Educativa lles asigna un centro para escolarizar aos seus fillos. Nos primeiros días é frecuente que os profesionais de referencia, aparte do equipo directivo, sexamos os orientador@s. Son moitos os datos que lles transmitimos de maneira verbal cando acuden ó centro. O documento que aparece maís abaixo, recolle información de supervivencia para ir ubicándose e coa finalidade de ser de utilidade.

viernes, 5 de enero de 2018

BENQUERIDOS REIS MAGOS!!



Todos os anos me pasa o mesmo, espero ata ó último momento para escribir a carta ás nosas Maxestades de Oriente. Será por eso que non todo o que pido, poden traelo.

Fai dous anos fixen unha carta ó estilo twitter, pensando que os Reis Magos tiñan conta nesta rede social e que así chegaríalles enseguida, pero non deberon de ter tempo de ver o meu chío, e todo quedou en auga de castañas. 

Quedei tan amolada que o ano pasado non lles pedín nada, de nada... e co conto da famosa reválida pois aínda peor ... porque me parecía que iba ser equilicuá..  

Este ano, fixen un debuxo para ver se o meu soño se convirte en realidade. En realidade, tan só pido unha cousa, para ver se así hai sorte e tamén,  para que non me pase o mesmo  ca cando a escribín da outra vez. Debeu de ser porque puxen demáis...

Así que, queda dito... e ademáis tamén se dice que unha imaxe vale máis ca 1000 palabras.