BENQUERIDOS REIS MAGOS!!
Todos os anos me pasa o mesmo, espero ata ó último momento para escribir a carta ás nosas Maxestades de Oriente. Será por eso que non todo o que pido, poden traelo.
Fai dous anos fixen unha carta ó estilo twitter, pensando que os Reis Magos tiñan conta nesta rede social e que así chegaríalles enseguida, pero non deberon de ter tempo de ver o meu chío, e todo quedou en auga de castañas.
Quedei tan amolada que o ano pasado non lles pedín nada, de nada... e co conto da famosa reválida pois aínda peor ... porque me parecía que iba ser equilicuá..
Este ano, fixen un debuxo para ver se o meu soño se convirte en realidade. En realidade, tan só pido unha cousa, para ver se así hai sorte e tamén, para que non me pase o mesmo ca cando a escribín da outra vez. Debeu de ser porque puxen demáis...
Así que, queda dito... e ademáis tamén se dice que unha imaxe vale máis ca 1000 palabras.
Espero que 2019 te traiga todo lo que te propongas, Lourdes. Un abrazo
ResponderEliminarGracias, Alberto! Te deseo lo mismo para ti.
ResponderEliminar