sábado, 19 de diciembre de 2015

Esta é unha pequena mostra do traballo que fixo o noso alumnado de 1º e 2º de ESO, para traballar aspectos relacionados coa violencia de xénero. Non permitas que .... by lourdesotero

viernes, 20 de noviembre de 2015

Recreos con emoción


Tirando do fío de vcuevas e a través dos seus recreos a golpe de timbre, descubrín as @chococharlas, esas maravillosas tertulias con sabor a chocolate, a emoción... Que subidón me deu cando vín, eses proxectos colaborativos. Sen pensalo dúas veces animeime a participar con este mesmo post, que estará tamén no blogue das chocolaterías

No meu caso, ese sabor a doce é ese tempo de lecer dos recreos de "tómate un respiro, tómate un kit kat" O meu departamento de orientación convírtese nun espazo, donde debería de haber un felpudo, que levase como nome " Bienvenido a la república indepediente de tu casa". Os habitantes son algúns dos alumnos do Instituto. Como en toda casa que se precie ten algunha xanela. Unha deles é este blogue. A través del podes albiscar algunha das cousas que se cociñan. 

Algún destes moradores fainos a boca a mel, con ese chocolate de rechupe. Ese sabor que queda no paladar, despois de contarnos  como foi e como se sentiu, cando o primeiro día, tivo que atravesar pola porta grande e os corredores, e alí se atopou cos veciños das casas do lado. 


lunes, 16 de noviembre de 2015

¿As adaptacións curriculares deberían ser un traxe a medida? 





Moitos de nós estamos "na semana ou o mes das adaptacións curriculares". Será posible facelas con personal shopper ? Permite facelo a organización dos centros? Os nosos diseñadores de moda ( administracións educativas) axúdannos nesta tarefa? Son preguntas sen respostas... ou polo menos son para min  . Para facer este traxe, primero hai que tomar as medidas, que no noso argot serían os niveis de competencia curricular. Agora tamén se poderían chamar estándares de aprendizaxe, algo perfectamente medible e observable e por qué non as rúbricas de avaliación.... Chámense como se queiran chamar, para min serían patróns con arreglo ás distintas tallas de 1º a 6º de Primaria. Pero unha adaptación curricular de Zara non sempre serve para algúns dos nosos alumnos de necesidades específicas de apoio educativo. "As divisións  quédanme moi longas na manga". 

"A caligrafía non me queda ben". "O adxectivo no bolsillo dereito non casa  co xénero e o número do bolsillo esquerdo". Quédanos a opción do xastre, que é quen toma as medidas con precisión. Será doado utilizar a cinta métrica? Para min desde logo no o e´ 

Cómo podo medir "saber ler e comprender textos", cando resulta que non ten o mesmo nivel de dificultade unha lectura do libro de lingua castelá que son textos narrativos e outra do mesmo curso do libro de ciencias naturais ou sociais que son textos científicos con maior grado de complexidade ?

Quen o fai nos vosos centros ? Se teño que responder a esta pregunta o primero que penso é o orientador Nonnnn,  é o  profesor de área ou profesor de apoio quen o teñen que facer... pero se teño que ser honesta, en varias ocasións, tiven que valorar a inmigrantes e para determinar o nivel de escolarización botei man  destes patróns ou medidas 30-60-90 

Como podo orientar ben a un profesor na confección de este traxe de medida, se eu mesma non teño claro todo este galimatías que hai coa LOMCE e a  nosa orde  que regula as adaptaciones curriculares do ano 95 en Galicia?  

Que peso ten a mochila coa que veñen cargando os noso alumnos? Ese expediente académico aséptico que pouco nos dice da súa situación académica, personal e tan importante para o personal shopper. Neste sentido O tránsito de Primaria a Secundaria non debería limitarse a unhas xornadas de acollida do alumnado de sexto e reunións coas familias. Quizáis sería interesante que esa verticalidade que ten que haber nos departamentos dos Institutos se extendese a Primaria cos coordinadores de ciclos. Máis dunha vez teño comprobado como o profesorado de Secundaria, ten un descoñecemento dos mínimos esixibles de cada un dos cursos de Primaria nas súas áreas. Esto parécem unha peza clave para facer esos patróns a medida que nos poden facilitar o saber cales son esos coñecementos previos , a mochila de cada alumno, tan importante para a #avaliacióncero e tamén para esos modelos fashión ultimísima moda que todos os nosos alumnos deberían de levar. Son consciente de que o coste de producción que tenríamos que pagar é alto pero é unha inversión a longo prazo. Trátase de invertir no capital social e que nos axudará a construir unha sociedade mellor. 

Na  rede hai un montón de telas:
1. Véxase un completo recopilatorio ós que nos ten tan acostumados a nosa compañeira Mónica Diz

2. As ultimas coleccións de Orientación Andújar

3. O lookbook de Apoclam 

Todas estas perlas da orientación axúdannos a coser ese traxe, pero require unha labor de auténtica maestría, darlle ese toque personalizado, porque de non ser así, s quedaría sólo nun tuneado. 

Que sentido nos aportan as referencias lexislativas? Na nosa Comunidade Autónoma temos unha orde do ano 1995 que regula as adaptacións curriculare e  temos que proceder con arreglo a ela. Pasaron máis de 20 aos.... A normativa que foi saíndo dende entón, en canto a currículo das distintas leis, puxo en entredicto algún dos seus artigos, pero como decía antes segue sendo o noso marco de actuación e como era de esperar levou a confusións , distintas actuacións nos centros, sentencias xudiciales e poco acordo entre o cuerpo de inspectores.

Formo parte dunha plataforma Colectivo Orienta que naceu coa idea de difundir experiencias, reflexións sobre a nosa práctica diaria, investigacións, análise crítico da realidade educativa... Este sentido de pertenza, permíteme estar en contacto con profesionales da orientación que me aportan unha grande riqueza no meu desenvolvemento profesional  e fai máis doado ese traballo dos "llaneros solitarios" que a benquerida Ana Torres Jack nos bautizou con ese nome. 

Este artigo é a miña primeira entrega ó Colectivo Orienta  e que aparece reproducido en castelán na plataforma virtual




viernes, 23 de octubre de 2015

Neste video, Vicenç Rul.lan, membro da Asociación sobre Prácticas Restaurativas  e asesor  no Departamento da Consellería de Educación Balear sobre resolución de conflitos , contános como por casualidade descubriu as Práticas Restaurativas. Cando el desempeñaba a función de coordinador dos servizos de mediación, na comunidade de Baleares, escoitou falar sobre a resolución de conflitos en círculos restaurativos, abrindo as posibilidades en canto a participación de máis persoas que se ven afectadas por unha mesma situación problemática. A mediación é un proceso no que só poden participar dúas partes en conflito pero os círculos restaurativos esténdense a calquer grupo social. Viaxou a Suíza para formarse con Dominic Barter para ser facilitador dos mesmos e desde entón seguiu lendo e interesándose polas investigaciones e literatura sobre o tema. Destaca a participación nun programa europeo comenius ( 2011-2013 ) coa cidade de Hull do Reino Unido servíndolle para promover as Práticas Restaurativas como un proxecto comunitario no cal participaron profesores, educadores sociais e policía en Palma de Mallorca. Coméntanos que a policía estaba moi entusiasmada polo enorme potencial que ten esta ferramenta pero o cambio de goberno acontecido foi unha das causas de que non se lle dese a continuidade e a promoción que necesitaría para unha mellor consolidación, a pesar de estar en favor inicialmente.

domingo, 11 de octubre de 2015

jueves, 10 de septiembre de 2015

                

lunes, 7 de septiembre de 2015

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA


  • Calendario de acceso e admisión
- Prazo de presentación de solicitudes: dende o día 8 ata o día 10 de setembro

- Listaxe de alumnos admitidos e non admitidos: o día 11 de setembro

- Prazo de matrícula: dende o día 11 ata o 18 de setembro
  • Requisitos de acceso:
- Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo. 

- Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

-Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.

Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

  • Procedemento de admisión
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, no caso de existir maior número delas que de postos escolares dispoñibles, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:

a) Alumnado que cursase 2º de ESO.
b) Alumnado que cursase 3º de ESO.
c) Alumnado que cursase 4º de ESO.

Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes por un mesmo posto escolar e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza de formación.
Se logo de aplicados estes criterios se mantén o empate, este resolverase aplicando o procedemento e o resultado do sorteo que anualmente realiza a consellería con competencias en educación para a admisión do alumnado.
Letras primeiro apelido: ¨H¨ e ¨E¨ 
Letras segundo apelido: ¨W¨ e ¨I¨

viernes, 21 de agosto de 2015

viernes, 14 de agosto de 2015


BECAS PARA ESTUDOS NON UNIVERSITARIOS


1. Están dirixidas a alumnado dos seguintes nivéis:
  • Primeiro e segundo curso de Bacharelato
  • Formación Profesional de Grao Medio e Superior
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais
  • Ensinanzas Deportivas 
  • Formación Profesional Básica
  • Estudos de idiomas nas escolas oficiáis
  • Outros estudos
2. Prazo e forma de presentación das solicitudes


3. Tipos de becas e cuantías

  • Beca básica: 200 Euros
  • Beca asociada a residencia: 1.500 Euros
  • Beca asociada a renta: 1.500 Euros
MÁIS INFORMACIÓN:

BECAS PARA ESTUDOS UNIVERSITARIOS


1. Tipos de becas e cuantía

  • Beca de matrícula       
  • Beca por residencia: 1.500 Euros
  • Beca asociada a renta: 1.500 Euros

2. Prazo e presentación de solicitudes

  • Dende o 7 de Agosto até o 15 de Outubro
        Aquí tes un titorial con todos os pasos para rexistrate.

3. Requisitos académicos e económicos

  • Para ter beca de matrícula é necesario ter polo menos un 5,50 na fase xeral das PAU ou outra proba de acceso equivalente.
  • Para o resto de cuantías faría falta um 6,50 na fase xeral das PAU ou outra proba de acceso equivalente.
         Nesta ligazón podes atopar máis información.
  • Os requisitos económicos cos umbráis de renta aparecen nesta táboa
 
Nas seguintes ligazóns podes atopar información relativa a...
  • Teño que entregar o resgardo da beca na Universidade?

miércoles, 24 de junio de 2015

PREINSCRIPCIÓN NA UNIVERSIDADE E OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE


SE APROBO A SELECTIVIDADE



  • Prazo para preinscrición na Universidade: Dende o 22 de Xuño até o 3 de Xullo
  • Procedemento para facer a preinscripción: A través da aplicación NERTA. É importante que consultes as instrucións de uso.
  • Recorda tamén, que as NOTAS DE CORTE  son orientativas e dícennos que nota acadou o último alumno convocado para cada titulación, no curso pasado.
Para preinscribirme fora de Galicia

  • Buscador de todos os graos universitarios españoles coas súas notas de corte
  • Debes ter en conta que para matricularte nunha Universidade de fora da nosa Comunidade deberías solicitar cambio de distrito. Para facer este trámite terás que ir ó LERD que che corresponda coa seguinte documentación:

       - Fotocopia do DNI
       - Tarxeta de cualificación das PAU
       - Carta de admisión da Universidade donde estás admitido.
Deste xeito aboando unhas tasas daranche unha xustificación para presentar no distrito donde efectúes a matrícula.

SE NON APROBO A SELECTIVIDADE


  • Tes a opción de solicitar a revisión dos exames. Hai dous procedementos: reclamación e/ou segunda corrección. Nesta ligazón da CIUG podes atopar toda a información.
  • Podes solicitar a admisión nun Ciclo Formativo de Grao Superior. Para iso é importante que consultes as seguintes ligazóns
        -Oferta da Formación Profesional 
           - Impreso de solicitude de admisión
           -Criterios de admisión
           -Calendario de admisión
           -Instruccións específicas para a solicitude

miércoles, 10 de junio de 2015



OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ALUMNADO DE BACHIBAC

martes, 26 de mayo de 2015

TESTIMONIOS DE ESTUDANTES QUE PASARON POLA SELECTIVIDADE

lunes, 25 de mayo de 2015

domingo, 24 de mayo de 2015

Nos últimos anos, o alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas realizou as probas na Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais.






lunes, 18 de mayo de 2015

CONSELLOS PRÁCTICOS PARA PREPARAR A SELECTIVIDADE

martes, 12 de mayo de 2015

lunes, 27 de abril de 2015

ALGO QUE NON  PODES DEIXAR DE LER...


Estas son as miñas frases favoritas. Todas elas forman parte dun traballo do equipo de tuitorientadores de guardia ( do cal formo parte na actualidade). Fixen unha selección daquelas frases e imaxes (que son a grande maioría), que podían ser acicates para a reflexión da situación actual do noso sistema educatvo e tamén da miña práctica orientadora. Como educadores que somos, non debemos de renunciar a loitar por unha sociedade mellor e é nese camiño, no que debemos de poñer todos os nosos esforzos. Así que, porqué non poñer este fluxo de imaxes e frases, no estupendo monitor , que temos na entrada do Instituto, en momentos de entradas, recreos... cando hai máis  vida nos pasillos!!! E quen sabe, ó mellor  a  alguén de nós nos pode sacar da nosa zona de confort!! 



Estas son as miñas frases favoritas. 
Fonte: Equipo tuitorientadores de garda 

miércoles, 22 de abril de 2015

Convocatoria para as Probas Físicas de Acceso ao Grao en CC da Actividade Física e do Deporte na Facultade de CC da Educación e do Deporte de Pontevedra. 


Prazo de inscripción: Ata o 15 de Maio

Data da realización da proba: 17 de Xuño





domingo, 19 de abril de 2015

Jesús Zapatero Herranz, Orientador dun centro educativo da provincia de Zaragoza , tivo a xenial idea de facer a gravación de dous videos, simulando nun destes videos, as inquedanzas e dúbidas, dun alumno de 2º de Bacharelato e no segundo as respostas dunha Orientadora.


jueves, 16 de abril de 2015

DISTRIBUCIÓN HORARIA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA LOE-LOMCE

lunes, 13 de abril de 2015

PRÁTICAS RESTAURATIVAS

O pasado venres 10 e sábado 11 de Abril, un grupo de profesores e varios Educadores Sociais do Concello, participamos nunha sesión de formación sobre Práticas Restaurativas.
Con Vicenç Rul.lan., Psicólogo escolar e mediador, fomos vendo o amplio espectro das Práticas Restaurativas desde accións máis informáis como poden ser as declaracións e preguntas afectivas e a súa aplicabilidade dentro da aula, ata procesos máis estructurados como os círculos restaurativos e reunions formáis.  Está baseadas na comunicación non violenta como unha maneira de expresarse e de dialogar  que facilita a comprensión entre as persoas.
A calidade da formación estivo marcada por ser predominantemente práctica con dinámicas de interación que nos permitiu reflexionar sobre cuestións como qué medidas poden favorecer a mellora da convivencia no noso centro educativo…
Tamén tivemos a oportunidade de que Vicenç levara a cabo círculos de diálogo en dous grupos de Secundaria coa finalidade de crear e fortalecer un sentimento de comunidade, ademáis de potenciar as habilidades de comunicación. 

martes, 7 de abril de 2015

ENQUISAS VOCACIONAIS ONLINE





Estes son algúns dos test que podes facer para decidir sobre o teu futuro. 
Varios tests sobre ramas de coñecemento no ámbito universitario
*** Precisa rexistro

A meirande parte dos tests forman parte do recopilatorio que figura en Orientaguía

domingo, 5 de abril de 2015


Programa de inmersión lingüística en inglés no verán para alumnado de 1º e 2º ESO 

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés no verán de 2015. O alumnado de 1º  e 2º de ESO asistirá ás colonias na primeira e segunda quincena do mes de xullo respectivamente   para traballar aspectos orais da lingua inglesa, mediante actividades lúdicas e deportivas que se desenvolverán en instalacións ubicadas no territorio español.

Destinatarios: 1º e 2º de ESO.

Prazo de presentación: Desde o 1 ata o 20 de Abril.

Requisitos académicos: 

  • Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos no presente curso
  • Ter acadado, como mínimo, " notable" como nota media no curso 2013/14
  • Ter acadado, como mínimo, " notable" como nota final na materia de Inglés no curso 2013/14
  • No ter sido beneficiario desta axuda en convocatorias anteriores
Para máis información:




miércoles, 25 de marzo de 2015

Non deixes de mirar este video se estás pensando que decisión tomar no futuro



lunes, 23 de marzo de 2015

Axudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés

1. Destinatarios: Alumnos becarios

2. Requisitos: 

  • Ter nacido entre o 1 de Xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 1998.
  • Ter a condición de becario, no curso 2014/15, da convocatoria xeral de becas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
  • Estar matriculado no curso 2014/2015 en:
  • Bachallerato
  • Ensinanzas profesionais de música e danza
  • Grao medio de Formación Profesional
  • Grao medio de artes plásticas e deseño
  • Grao medio de ensinanzas deportivas
  • Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
  • Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e ter obtido no dito curso unha nota final minima de 7,00 puntos na asignatura de inglés.
  • Terán preferencia os solicitantes que teñan acadado unha puntuación superior.
3. Dotación:

A axuda cubre todos los gastos de ensinanza, materiais, manutención e aloxamiento, aínda que o alumno seleccionado debe abonar 100 € á empresa.

4.Prazo de presentación:
    • Desde: 17 de marzo de 2015
    • Ata: 09 de abril de 2015
5. Inscripción:

A través de la página web del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte mediante formulario on-line. 

6. Máis información sobre este trámite o servizo:


  • Teléfono: 913277681
  • Dirección de correo:
Accede ó texto da convocatoria


Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras


1.  Período de realización: Desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2015 

2. Persoas beneficiarias: 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria e 1º ou 2º de bacharelato.

3. Requisitos: 
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14


  • Ter acadado no curso 2013/14 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato


  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

4. Prazo de presentación: Do 17 de marzo ao 16 de abril de 2015 (ambos incluídos).


Podes atopar máis información en
https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica:  981957296 - 881997497 - 981957538 - 981546503

jueves, 19 de marzo de 2015

 " Na rede tampouco me controles"


Na páxina web www.enlaredtampoco.com é unha liña de Axuda creada por PROTÉGELES en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. A súa finalidade é previr e intervir en situacións de VIOLENCIA DE XÉNERO E SEXISMO entre menores e que se producen a través das NOVAS TECNOLOXÍAS

PROTÉGELES pon a disposición dos menores un equipo de abogados e de psicólogos para axudalos e asesoralos nos pasos a seguir de maneira profesionalizada e gratuita


miércoles, 18 de marzo de 2015


Saber estudar. Guía para nais e pais




Como axudar ós fillos na toma  de decisións. Magnífica aportación da Orientadora Mª José Pascual 

domingo, 15 de marzo de 2015

TEMAS DE INTERESE PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO



Información sobre becas
  1. Requisitos académicos
  2. Acceso ó servizo online para solicitar beca
  3. Dudas e preguntas habituais na solicitude de becas-mec
  4. As mellores becas para estudar no estranxeiro
  5. Guía de axuda para a tramitación de becas
Selectividade
  1. Horarios da selectividade
  2. Preguntas habituais na selectividade
  3. Buscador de notas de corte en todas as Comunidades Autónomas
  4. Estructura e partes das probas PAU
  5. Video guía de como se desenvolven as PAU
  6. Consellos para o día que te examines da Selectividade e un video
  7. Exames de Selectividade en anos anteriores nas distintas Comunidades Autónomas
  8. Parámetros de ponderación
  9. Parámetros de ponderación das Universidades Españolas
  10. Como fago para reclamar a selectividade
  11. Como cualifican as probas de selectividade
  12. Materias de Bacharelato e parámetros de ponderación
  13. Como fago para reclamar
  14. Nota mínima para superar as probas de acceso
  15. Consellos prácticos para a Selectividade
Preinscripción

  1. Preinscripción en calquer Universidade Española
  2. Aplicación Nerta para todos os trámites universitarios
  3. Instruccións da aplicación Nerta
  4. Calendario CIUGA
  5. Preinscripción nas Sistema Universitario Galego
  6. Ferramenta para escoller carreira e universidade
  7. Buscador do Ministerio de Educación das Universidades Españolas

Graos Universitarios

  1. Motivos para estudar os distintos Graos Universitarios
  2. Revistas sobre Graos Universitarios
Residencias Universitarias
  1. Buscador de Residencias Universitarias en España
  2. Residencias en Ourense, Pontevedra e Vigo
  3. Residencias en A Coruña e Ferrol
  4. Residencias en Santiago e Lugo