viernes, 20 de noviembre de 2015

Recreos con emoción


Tirando do fío de vcuevas e a través dos seus recreos a golpe de timbre, descubrín as @chococharlas, esas maravillosas tertulias con sabor a chocolate, a emoción... Que subidón me deu cando vín, eses proxectos colaborativos. Sen pensalo dúas veces animeime a participar con este mesmo post, que estará tamén no blogue das chocolaterías

No meu caso, ese sabor a doce é ese tempo de lecer dos recreos de "tómate un respiro, tómate un kit kat" O meu departamento de orientación convírtese nun espazo, donde debería de haber un felpudo, que levase como nome " Bienvenido a la república indepediente de tu casa". Os habitantes son algúns dos alumnos do Instituto. Como en toda casa que se precie ten algunha xanela. Unha deles é este blogue. A través del podes albiscar algunha das cousas que se cociñan. 

Algún destes moradores fainos a boca a mel, con ese chocolate de rechupe. Ese sabor que queda no paladar, despois de contarnos  como foi e como se sentiu, cando o primeiro día, tivo que atravesar pola porta grande e os corredores, e alí se atopou cos veciños das casas do lado. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario