lunes, 16 de noviembre de 2015

¿As adaptacións curriculares deberían ser un traxe a medida? 





Moitos de nós estamos "na semana ou o mes das adaptacións curriculares". Será posible facelas con personal shopper ? Permite facelo a organización dos centros? Os nosos diseñadores de moda ( administracións educativas) axúdannos nesta tarefa? Son preguntas sen respostas... ou polo menos son para min  . Para facer este traxe, primero hai que tomar as medidas, que no noso argot serían os niveis de competencia curricular. Agora tamén se poderían chamar estándares de aprendizaxe, algo perfectamente medible e observable e por qué non as rúbricas de avaliación.... Chámense como se queiran chamar, para min serían patróns con arreglo ás distintas tallas de 1º a 6º de Primaria. Pero unha adaptación curricular de Zara non sempre serve para algúns dos nosos alumnos de necesidades específicas de apoio educativo. "As divisións  quédanme moi longas na manga". 

"A caligrafía non me queda ben". "O adxectivo no bolsillo dereito non casa  co xénero e o número do bolsillo esquerdo". Quédanos a opción do xastre, que é quen toma as medidas con precisión. Será doado utilizar a cinta métrica? Para min desde logo no o e´ 

Cómo podo medir "saber ler e comprender textos", cando resulta que non ten o mesmo nivel de dificultade unha lectura do libro de lingua castelá que son textos narrativos e outra do mesmo curso do libro de ciencias naturais ou sociais que son textos científicos con maior grado de complexidade ?

Quen o fai nos vosos centros ? Se teño que responder a esta pregunta o primero que penso é o orientador Nonnnn,  é o  profesor de área ou profesor de apoio quen o teñen que facer... pero se teño que ser honesta, en varias ocasións, tiven que valorar a inmigrantes e para determinar o nivel de escolarización botei man  destes patróns ou medidas 30-60-90 

Como podo orientar ben a un profesor na confección de este traxe de medida, se eu mesma non teño claro todo este galimatías que hai coa LOMCE e a  nosa orde  que regula as adaptaciones curriculares do ano 95 en Galicia?  

Que peso ten a mochila coa que veñen cargando os noso alumnos? Ese expediente académico aséptico que pouco nos dice da súa situación académica, personal e tan importante para o personal shopper. Neste sentido O tránsito de Primaria a Secundaria non debería limitarse a unhas xornadas de acollida do alumnado de sexto e reunións coas familias. Quizáis sería interesante que esa verticalidade que ten que haber nos departamentos dos Institutos se extendese a Primaria cos coordinadores de ciclos. Máis dunha vez teño comprobado como o profesorado de Secundaria, ten un descoñecemento dos mínimos esixibles de cada un dos cursos de Primaria nas súas áreas. Esto parécem unha peza clave para facer esos patróns a medida que nos poden facilitar o saber cales son esos coñecementos previos , a mochila de cada alumno, tan importante para a #avaliacióncero e tamén para esos modelos fashión ultimísima moda que todos os nosos alumnos deberían de levar. Son consciente de que o coste de producción que tenríamos que pagar é alto pero é unha inversión a longo prazo. Trátase de invertir no capital social e que nos axudará a construir unha sociedade mellor. 

Na  rede hai un montón de telas:
1. Véxase un completo recopilatorio ós que nos ten tan acostumados a nosa compañeira Mónica Diz

2. As ultimas coleccións de Orientación Andújar

3. O lookbook de Apoclam 

Todas estas perlas da orientación axúdannos a coser ese traxe, pero require unha labor de auténtica maestría, darlle ese toque personalizado, porque de non ser así, s quedaría sólo nun tuneado. 

Que sentido nos aportan as referencias lexislativas? Na nosa Comunidade Autónoma temos unha orde do ano 1995 que regula as adaptacións curriculare e  temos que proceder con arreglo a ela. Pasaron máis de 20 aos.... A normativa que foi saíndo dende entón, en canto a currículo das distintas leis, puxo en entredicto algún dos seus artigos, pero como decía antes segue sendo o noso marco de actuación e como era de esperar levou a confusións , distintas actuacións nos centros, sentencias xudiciales e poco acordo entre o cuerpo de inspectores.

Formo parte dunha plataforma Colectivo Orienta que naceu coa idea de difundir experiencias, reflexións sobre a nosa práctica diaria, investigacións, análise crítico da realidade educativa... Este sentido de pertenza, permíteme estar en contacto con profesionales da orientación que me aportan unha grande riqueza no meu desenvolvemento profesional  e fai máis doado ese traballo dos "llaneros solitarios" que a benquerida Ana Torres Jack nos bautizou con ese nome. 

Este artigo é a miña primeira entrega ó Colectivo Orienta  e que aparece reproducido en castelán na plataforma virtual




No hay comentarios:

Publicar un comentario