OBRADOIROS TALENTO MOZO
O noso centro educativo foi un dos seleccionados por parte da Conselleria de Educación para participar neste programa educativo. A convocatoria para solicitarlo foi publicada o 24 de febreiro para un máximo de 30 centros de Galicia.
Un dos obxectivos do programa é visibilizar a creatividade e a innovación impulsada por xente moza con experiencia en diferentes ámbitos profesionais como a empresa, o deporte, a cultura e a creación, a ciencia ou o voluntariado.
Hai que dicir tamén, que este mismo programa , xa se levou a cabo con alumnado de 4º de ESO, pero esta vez, foi o Concello de Oleiros quen o ofertou ós tres Institutos. Razón principal para que este programa da Consellería, estivese dirixido as alumnas e alumnos de 3º de ESO, nesta ocasión.
Uxía Varela e Jacobo Lazcano foros os mozos que deron a coñecer as súas traxectorias académicas e profesionais para estimular e incentivar a análise e reflexión do noso alumnado. A charla-coloquio tivo lugar, o 5 de maio durante dúas sesión lectivas no salón de actos.
Uxía Varela é profesora de Lingua Galega. Conta, que desde ben pequena. xa tiña metido na cabeza o da docencia e lembra que xogaba coas monecas a ser profe. Esto si que é ser " vocacional" perseguindo os seus soños, a pesares de que había xente que lle dicía que non fixera o bacharelato de letras porque non tiña saída.
Jacobo traballa, no departamento de recursos humanos, nunha empresa onde se fabrican pezas led. Cando cursaba o bacharelato, pensaba en estudar algo relacionado co deporte porque era o que lle gustaba. Acabou estudando relacións laborais e está moi contento porque traballar coas persoas é outra das cousas que tamén lle gusta.
Tanto Uxía como Jacobo insistiron en:
- Estudar o que a un lle guste
- Petar nas portas e que non lle poñan barreiras a nada
- Estudar idiomas
- Formación continua ó longo de toda a vida
- Aportar experiencias e formación non formal ( por exemplo voluntariado no caso de Uxía ) nunha entrevista laboral, porque todo o que corresponde a parte académica, xa figura no currículum que ten o entrevistador.
Destacar que o alumnado foi moi participativo. Este foi o repertorio de preguntas que lles fixeron ós relatores:
- Cómo afectan os avances tecnológicos ó mercado laboral?
- Qué é o que máis e menos lles gusta do seu traballo?
- A Uxia preguntarónlle, que cousas cambiaría do sistema educativo?
- A Jacobo, como aborda os despidos laborais cando ten que facelo con algún trabajador?
No hay comentarios:
Publicar un comentario