jueves, 16 de marzo de 2023

 MOZAS E MOZOS REFERENTES


O pasado luns, día 13, Alexia Boquete, Inés Salcines e Daniel Turiño estiveron co alumnado de 4º de ESO para amosarlles os seus camiños que transitaron ó longo da súa vida académica e profesional, para chegar ata onde están.

Todos eles, son colaboradores do proxecto Libolis que consisten en Charlas-Obradoiro para poñer en valor o esforzo e a traxectoria a seguir,  ata chegar a acadar unha meta profesional. Este proxecto desenvólvese grazas a colaboración do concello de Oleiros.

Os obxectivos do programa son:
  • Promover o esforzo, desenvolvemento e as habilidades persoais como clave para conseguir aquelo que queremos na vida.
  • Poñer en valor a importancia do camiño que todos desenvolvemos para chegar ós nosos obxectivos.
  • Comunicar a realidade e non tanto as mensaxes negativas que escoitamos a diario en relación ó emprego e a empregabilidade.
  • Falar de experiencias cercanas e reais para que se convirtan en referentes reais para os participantes.
O formato da charla foi tipo entrevista na que Alexia Boquete, mediante preguntas, foron respondendo tanto Inés como Daniel para dar conta das súas vivencias e experiencias formativas e laborais. As mensaxes que intentaron transmitir poden ser resumidas en:
  • Pasar polos distintos departamentos ou áreas dentro dunha empresa axuda a desenvolver as habilidades para ter unha visión global. Ao mesmo tempo capacita para poder asumir a responsabilidade de estar ó mando dunha seccción ou da propia corporación.
  • A formación continua é a clave. Un título univesitario ou de Formación Profesional non aporta todo o que precisas saber cando te enfrentas ó mundo laboral. 
  • Non hai carreiras universitarias con saídas. Hai persoas con saídas.
  • Hai que intentar escoitar e ver os problemas que ten a xente para poder proporcionarlle axuda.
  • Non se chega a ter éxito por sorte como se quere vende a través das redes sociais. A sorte hai que buscala.
  • Na nosa sociedade, o erro e o fracaso ten unhas connotacións moi negativas. Sen embargo, son necesarios para avanzar e mellorar. O fracaso implica aprender. Nas entrevistas de traballo en EE.UU non confían nas persoas que manifestan que nunca tiveron fracasos ou se equivocaron.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario