ENCONTROS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
O Xoves da semana pasada, día 2 de Febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato visitou aquelas facultades que tivo que escoller, con anterioridade. Este ano os itinerarios de máis preferencia foron:
- Ciencias da Educación e Traballo Social
- Mediciña e Enfermaría
- Económicas e Empresariais
- Matemáticas e Física
- Psicoloxía
Este ano, alá me fun, cas alumnas e alumnos que estaban interesados no primeiro do percorridos, antes mencionado.
Na facultade de Ciencias de Educación, recibiunos o vicedecano da facultade. Éstas son algunhas notas a reseñar, do que nos contou:
- Despois de Mediciña é a segunda facultade máis grande de Galicia
- Na actualidade, a devandita facultade ten dous edificios.
- Un está no campus Norte, que é onde se imparten os graos de:
- Grao en Mestre de Educación Infantil
- Grao en Mestre de Educación Primaria
- Dobre Grao en Mestre en Educación Infantil e Primaria
- O outro edificio está no campus Sur. Neste pódense estudar:
- Grao en Educación Social
- Grao en Pedagoxía
- Co tempo, desaparecerá o edificio do campus norte e todos os graos, citados antes, estudaranse no campus Sur.
- Unha vez cursados os dous primeiros anos, nos graos de Educación Infantil e Primaria, hai tres mencións para poder especializarse:
- Mención en Inglés
- Mención en Atención á Diversidade
- Mención en Música
- No campus de Lugo, que pertence ,a UDC, na facultade de Ciencias de Educación pódese cursar a mención en Eduación Física.
- Os prácticum pódense facer tanto en escolas de educación infantil como en colexios de educación infantil e primaria. Tamén se poderían cursar en aulas hospitalarias, aínda que na actualidade só se ofertan no Grao en Pedagoxía.
Na segunda parte da mañan, visitamos a facultade de Traballo Social. Aspectos a destacar:
- É un centro adscrito a USC. Para que nos fagamos unha idea do que esto supón, podería ter unha equivalencia co que coñecemos como ensinanza concertada.
- Impártese tamén en Ourense.
- Aínda que o proceso de preinscripción se inicia, dun xeito regular, a través de NERTA como no caso dos restantes graos, a finalización remata na propia facultade por tratarse dun centro adscrito.
- Este grao require:
- Un elevado compromiso social.
- Boa disposición para traballar en grupo ( psicólogos, educadores sociais...)
- É a antigua titulación de asistente social.
- Ámbitos nos que intervén un traballador social:
- Servizos de atención a adicións
- Servizos de proteción a menores
- Xulgados de menores
- Gabinetes de orientación familiar
- Servizos de atención á persoas imigrantes
- Centros de atención á persoas maiores
- Centros de atención á persoas con discapacidade
- Centros de atención á muller.
No hay comentarios:
Publicar un comentario