EDUREFERENTES FEMININAS EN GALICIA
O noso centro foi un dos seleccionados para participar no programa educativo "Edureferentes" ofertado pola Consellería de Educación.
A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, é tamén un dos cometidos da orientación vocacional. Achegar referentes femininos que exercen a súa actividade profesional en distintos ámbitos, axuda a construir unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de estereotipo de xéneros.
Sonia Pazos e Asunción Fieira foron as dúas mulleres referentes que estiveron con nós. Forman parte da Asociación de Executivas de Galicia. A charla estivo dirixida ó alumnado de 2º de Bacharelato.
No hay comentarios:
Publicar un comentario