martes, 21 de abril de 2020

EMPEZANDO A TELEORIENTAR EN 3º DE ESO

Estar confinados nas nosas casas, non vai a ser un impedimento para ter a información que precisas, de cara a saber que facer en 4º de ESO.

Neste primeiro video, de duración non máis de 5 minutos, aprenderás cales son os dous itinerarios de 4º de ESO e as materias de cada unha destas opcións.
É un video interactivo. Cada certo tempo, detense para que contestes a diferentes preguntas, para comprobar o que aprendes. A vantaxe é,  que podes velo cantas veces queiras e mesmo podes darlle o play para diante e para atrás.

Estes son os deberes que terás que facer na plataforma de EDMODO. Terás unha semana de plazo de entrega. Neste recuncho que temos para comunicarnos, non dubides en preguntar calquer dúbida, preguntas ou  comentario. 

Para poder comprobar o que fixeches, envía capturas de pantalla a EDMODO, das preguntas que van aparecendo no video, despois de respondelas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario