QUEDARSE NA CASA PARA AFRONTAR O CORONAVIRUS
******Ultima actualización 22/3/2020
- Facerlles entender a situación:
- Explicarlles o que pasa dicíndolles a verdade no nivel de profundidade que poden comprender pola súa idade, sen alarmismos.
- Para mitigar a ansiedade, hai que evitar estar todo o día falando sobre o asunto e sobre todo non dar credibilidade ás noticias que non sexan de procedencia oficial.
- Convencelos de que se teñen que quedar na casa:
- Nestes días foron masivas as mensaxes que se transmitiron, tanto nos medios oficiais como en redes sociais sobre o movemento #YoMeQuedoEnCasa
- Que sexan conscientes da súa corresponsabilidade e reforzala coa idea de que é unha simple batalla que gañaremos entre todos.
- Deben de comprender que se trata dun sacrificio que terá unha recompensa da que todos nos alegraremos posto que está contribuíndo ó benestar de tod@s.
- Participar cada día no aplauso compartido ós sanitarios para que se sintan que forman parte de algo colectivo e transcendente. A iniciativa popular arco iris que xorde baixo o hastag #desdemiventana para facer máis levadeira a cuarentena, estase a levar a cabo noutros países e tamén chegou ao noso. A idea é que os máis pequenos e non tan pequenos realicen un arco da vella como lema de TODO IRÁ BEN e colocalo nas fiestras.
- Manterse ocupados na casa:
- Manter o horario habitual e os períodos de dormir e vixilia ó máis parecido posible ós habituais.
- Programar actividades variadas e cambiantes para non se saturar con ningunha, sobre todo evitar a sobreexposición ás pantallas ( a sabendas de que axuda a matar o tempo nestes días ). Aplicar o sentido común: non debemos de esquecer que precisan de estar en contacto cos seus amigos e amigas e o único canal é a través da tecnoloxía.
- Facer actividades físicas compartidas en familia, como bailar seguindo coreografías ou táboas de exercicios. A nosa xefa de departamento de Educación Física recoméndanos que quedarse na casa non quere dicir non moverse.
- Actividades culturais:
- Visitas virtuais a museos:
- Museo del Prado. Na conta de Instagram realizan videos en directo de luns a venres de 9:50 a 10 am comentando algunha obra deste museo.
- Galería Uffizi en Florencia
- Museo do Vaticano en Roma
- Museo Arqueolóxico en Atenas
- Museo do Louvre en Paris
- Museo Británico en Londres
- Museo Metropolitano en Nueva York
- National Gallery of Art en Washington
- Festival me quedo en casa e cuarentena. Moitos artistas a través dos seus perfiles de Instagram están facendo directos duns 30 minutos.
- Documentais de RTVE, moitos e variados.
- Fomentar a creatividade e aproveitar para facer actividades artísticas e inventar obxectos, xogos e actividades.
- Realizar actividades de relaxación e meditación. É un bo momento para inicialos nestas prácticas diarias que teñen tantos beneficios. Existen moitos videos de meditación guiada en Internet.
- Lecturas de interese, sós ou en compañía.
- Existen varias contas de Instagram de clubs de lectura. Unha delas é el clubdelecturaconbrillibrilli . O seu lema é " leer es de guapas". Cada dúas semanas propoñen un libro novo para comentar. Trátase dun club virtual de animación á lectura.
- Libros gratuitos.
- Hai posibilidade de acceder ó fondo de libros ebooks das bibliotecas españolas.
- Algúns autores, como o debuxante de comics El Torres ou os autores de El Bosque subiron todos os seus libros/comics gratis para poder disfrutalos.
- Procurar manter no día a día o repaso das tarefas escolares. A este respecto, xa se facilitaron explicacións na páxina web do Instituto " pautas para o teletraballo escolar " e no apartado de calendario de exames e tarefas tamén hai indicacións de cada materia.
- Fomentar a responsabilidade do estudante coa entrega en tempo e forma das tarefas que o seu profesorado considere.
- Recomendacións de APOEMUR para quedarse na casa
- Recomendacións do colexio oficial de psicólogos de Madrid
- Recomendacións do colexio oficial de psicólogos de Galicia
- Guía para contarlle ao teu fill@ porqué non vai ó cole
No hay comentarios:
Publicar un comentario