martes, 31 de marzo de 2020

ENCONTROS VIRTUAIS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


Estamos encerrados nas nosas casa, pero por sorte as tecnoloxías axúdannos a estar hiperconectados. E para non perder comba, a USC danos a posibilidade de achegarnos dende os dispositivos electrónicos, ás portas das facultades.

O pasado 6 de Febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato visitou ás facultades da Universidade de Santiago. Foron unhas xornadas de portas abertas, nas que en cada centro universitario se  facilitou información dos diferentes estudos. No caso do alumnado de 2º de Bacharelato, xa tivo a oportunidade de asistir no curso anterior.

Pois ben, se te quedaches con ganas de saber máis cousas, ou aínda non fuches porque estás en 4º de ESO, ésta é unha boa ocasión para ir debuxando o teu futuro.

Este ano a USC, aproveitando a situación de confinamento na que nos atopamos, ten organizado uns Encontros Virtuais orientados á estudantes de secundaria, e bacharelato e tamén ás suas familias

Levaranse a cabo os días 6, 7 e 8 de abril ( luns, martes e mércores de Semana Santa ).

Haberá a oportunidade de:
  • Acceder á presentacións das titulacións
  • Realizar obradoiros
  • Desafiar retos que se poden propoñer
  • Opinións dos alumnos sobre os diferentes graos
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • Posibilidade de interactuar por videoconferencia cos responsables da titulación para aclarar dúbidas. Na ligazón de cada titulación indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
Para acceder a estes encontros hai que clicar no seguinte enderezo. Estará dispoñible dende o sábado 4 de   abril. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario