sábado, 25 de enero de 2020

UN ANO MÁIS A CIUG FAI PRESENZA NO NOSO CENTRO

Como en anos anteriores, Pedro Armas vicepresidente da CIUG ( Comisión Interuniversitaria Galega ) estivo co alumnado de 1º e 2º de bacharelato para explicarlles as probas ABAU e o proceso de acceso á universidade.  Basicamente, non hai grandes cambios en relación a anos anteriores. Os únicos cambios que se producen son relativos  ós días de semana que se levarán as ABAU, un único procedemento de reclamación para estas probas e algún máis relativo ó proceso de admisión. Estos cambios pódense consultar premendo aquí.

A Pedro gústalle facer fincape no rigor absoluto das probas ABAU, garantizando o anonimato para que sexa xusto, e con igualdade de oportunidades para todos. Precisamente, esta é unha das razóns polas que ten que haber estas probas. De non ser así, podería ocurrir que as prazas universitarias se adxudicasen en función de determinados Institutos, pola tendencia á alza nas cualificacións outorgadas, frente a outros centros.

Outro aspecto importante é a posibilidade de solicitar as probas adaptadas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo. Esta xestión faise dende os centros educativos, recollendo aspectos metodolóxicos e medios técnicos, debidamente xustificados, que calquer alumno pode necesitar. Neste punto, é preciso clarificar que os contidos dos exames e os criterios de corrección son os mesmos . Para ampliar información consulta esta ligazón. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario