lunes, 8 de abril de 2019

PRESENCIA DA CIUG NO NOSO CENTRO


Pedro Armas representante da CIUG ( Comisión Interuniversitaria de Galicia ), estivo un ano máis,  no noso centro o pasado venres, 22 para explicar as probas ABAU de acceso á universidade. Explico o máis relevante, entre as miñas notas recollidas:
  • Unha vez máis, insistiu no sistema garantista das probas para asegurar a igualdade de oportunidades a todo o alumnado e o anonimato en canto ó tipo de exame.
  • Como xa é sabido por todos, este ano as probas extraordinarias ABAU adiántanse a Xullo. Explicou que este cambio evita a disfuncionaliade que estaba habendo entre a Universidade e os centros de Secundaria. Ata de agora, estába sucedendo que alumnos matriculados na última das convocatorias, empezaban o curso universitario, na metade do primeiro cuadrimestre, afectando ao seu rendemento académico.
  • Recordou que hai grupos de traballo de cada materia ABAU que están traballando durante todo o curso para facer propostas de exames. Dun todal de seis modelos de exames, escóllense dous, que son os que finalmente realizarán os alumnos.
  • Recordou que é aconsellable, poñer esmero na troncal de modalidade, posto que a nota acadada ten peso, tanto na parte obrigatoria da proba como na parte específica.
  • Son arredor de 800 profesores, os que están a disposición nas ABAU para un total de 10.000 alumnos de media.
  • As materias para subir nota poden ser materias que o alumno non esté a cursar.
  • A nota máxima de 14 puntos, evita que alumnos estranxeiros colapse as titulacións ( posto que neste casos só acceden cunha nota máxima de 10 )
  • Con respecto a preinscripción de prazas nas titulacións, pódense solicitar 5 podendo chegar ata 10 se se repiten. Fixo fincapé en que mentres non pechen os graos que están solicitados por diante, aínda que se esté en lista de espera, non hai porque matricularse na que se está convocada. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario