domingo, 24 de febrero de 2019

FORMACIÓN DE MEDIADORES


Estes son alumnos de 1º e 2º de ESO que recentemente remataron a formación como mediadores. O Obradoiro de formación tivo unha duración de seis sesións cunha duración total de 12 horas. 
Estivo impartido por educadores sociais e psicólogos de ADAFAD, asociación que colabora co Concello de Oleiros.
O equipo de mediadores sigue medrando cada ano. Na actualidade temos un unha media  de10 - 12 alumnos por curso. 
Trátase dun obradoiro con carácter predominantemente práctico, con dinámicas para que aprendan as técnicas que precisan poñer en práctica, cando teñen que mediar entre dous pares en conflito.

sábado, 23 de febrero de 2019

VISITA Á UNIVERSIDADE DE A CORUÑA.UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO


Xa é o quinto curso que o noso alumnado de 2º de Bacharelato, acude ás xornadas de benvida, que a Universidade de A Coruña ten planificadas. 
Como xa se indicou en publicacións anteriores sobre estas visitas, hai varios itinerarios segundo as ramas de coñecemento, ás cales están adscritos os diferentes graos universitarios. 
Este curso o itinerario máis escollido por parte dos alumn@s foi o de Ciencias Sociais e Xurídicas que agrupa á Facultades de Socioloxía, Ciencias da Educación, Dereito, Económicas e  Actividades Físicas e Ciencias do Deporte.

Pero antes de iniciar o percorrido polos distintos centros universitarios, recíbennos no SAPE( Servizo de Asesoramento e Promoción do estudantado). Este é un punto de referencia importante para os estudantes, xa que é alí onde poden atopar información moi variada que abrangue dende a propia oferta universitaria, preinscripción e matrícula nos graos, becas, residencias, servizos que ten a UDC...

Os alumnos puideron facerse con folletos, sobre os graos nos que estaban interesados e outra información en formato papel e ter unha primeira aproximación do que é a vida universitaria. 

En cada centro universitario, hai un profesor ou profesora que nos recibe, donde trata de proporcionar información básica e relevante para que os alumnos poidan ter unha idea en canto a aspectos que estudarán, saídas, competencias e ámbitos profesionais.

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE  ACTIVIDADES EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2019

ORDE do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

IMPORTANTE: o alumnado que para o curso que ven inicie  1º ou 2º de Bacharelato, pode solicitar unha actividade de integración ( en familia ou residencia máis centro educativo ) fóra de España, durante tres ou catro semanas a principios do curso 2019/20.

miércoles, 20 de febrero de 2019

O SERVIZO DE ASESORAMENTO E PROMOCIÓN DO ESTUDANTE      ( SAPE ) PRESENTA A OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA


O pasado venres, 15 de Febreiro, Laura Fraga, colaboradora do SAPE estivo no noso centro co alumnado de 1º e 2º de bacharelato. Estes foron algúns dos aspectos que clarificou:
  • Diferencias entre bolsas e axudas ao estudo. Estas últimas non implican cumprir requisitos económicos.
  • Quen son os equipos de goberno da universidade.
  • Espazo Europeo de Educación Superior ou máis coñecido por Tratado de Bolonia.
  • Simultaneidade dos estudos de grao e a súa oferta, indicando de que no caso de que unha vez iniciados, se surxen dificultades para abordar a esixencia que supoñen, poderían centrarse nun dos graos e retomar máis adiante o outro.
Fíxolles entrega de material en formato papel con toda a oferta universitaria dos dous campus da Universidade de A Coruña, así como dípticos sobre graos específicos a todo aquel alumno que estaba interesado. 

domingo, 17 de febrero de 2019

VISITA Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO: DESCUBRINDO VOCACIÓNS

Este é o segundo ano que o noso alumnado acude aos encontros que a USC organiza. É unha oportunidade para ter ese primeiro contacto coa vida universitaria. A Universidade de Santiago establece varios itinerarios e cada alumno pode visitar dúas escolas universitarias. Recibe aos alumnos cun agasallo, facéndolles entrega dun cartafol. 

A visita realizouse o xoves da semana pasada. Era o último día dos tres, nos que a USC realizaba estas xornadas. Alí nos atopamos con alumnos doutros centros de Galicia. Nós levamos a trinta e dous alumn@s de bacharelato. Eu acompañei aos alumnos que tiñan interese nos estudos do ámbito sanitario: mediciña e enfermaría. 
No primeiro caso, recibiunos a vicedecana da facultade, no salón de actos. Antes de empezar a presentar a titulación, excusouse por non ser posible facer o percorrido polas instalacións, que sempre é algo que o alumnado lle gosta. Explicou que na facultade hai máis de 2300 alumnos estudando, e visitar as distintas dependencias interrompe a actividade académica. Antes de presentar o grao, enumerou as distintas motivacións polas que un alumno decide escoller mediciña:

  • Ten pouco paro
  • Altruismo, interese científico
  • Influencia do entorno ( por ex. a familia )
  • Prestixio social
  • Un bo expediente no bacharelato
Fixo fincapé, en que algunhas das razóns enumeradas anteriormente, é un erro, xa que un profesional da mediciña, precisa unha gran fortaleza física e emocional. Supón cuidar dos demáis e isto, ás veces desgasta. Para ilustralo cun exemplo, citou, ter que comunicar a un paciente unha enfermidade mortal, para a que non hai cura.
Tamén insistiu en que a profesión precisa ter intelixencia emocional para saber manexar o sufrimento dun paciente, un medico trata con persoas enfermas, non coas enfermidades. 

Sacando conclusións de todo o esposto:

  1.  Exercer a mediciña require vocación. 
  2.  Hai que facer unha carreira que a un lle guste. "É algo para toda a vida"
Esto podería ser extensible para outras moitas profesións, como pasa non caso da educación.

Foi un grande acerto por parte da facultade, que dúas alumnas de 2º curso, contasen a súa experiencia, e polo que puiden apreciar, os alumnos agradeceron saber que as procedencias para acceder á carreira, son muy distintas e variadas e ata hai estudantes, aos que non lles chegou a nota do bacharelato e selectividade e optaron por facer un ciclo antes de cumprir o seu soño.

En enfermaría puidemos visitar as instalacións. Algunhas delas como os laboratorios, permitiulles ver aos alumnos o material sanitario e simuladores para a realización das prácticas.

Non quero rematar esta publicación, sen dicir que a vicedecana mostrounos fotografías das primeiras mulleres que se formaron para ser médicas. Dúas delas eran xemelgas e que aínda que chegaron a ser personaxes ilustres para a súa época, durante a súa formación eran rexeitadas por compañeiros e mesmo por profesores, chegando en algunhas ocasións a ter que vir escoltadas á facultade, soamente pola súa condición de muller. MÁGOA!!! de non recoller os nomes delas para citalas agora... persoalmente póñenseme os pelos de punta saber que estas cousas ocorreron na historia. A saber.... as calamidades que tiveron que pasar.

lunes, 4 de febrero de 2019

A USC FIXO PRESENZA NO NOSO INSTITUTO




Francisco Javier López González, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus Universitario de Lugo e coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, estivo no noso centro o pasado venres 1 de Febreiro para presentar a oferta formativa da Universidade de Santiago.

A súa mensaxe estivo centrada en que as eleccións vocacionais se tomasen, tendo en conta aquilo polo que realmente están interesados, algo que fose do seu agrado, máis que seren determinadas por modas, prestixio u outros motivos alleos.

Mencionuo os dobles grados que oferta a USC, indicando que a súa oferta por parte da Universidade debeuse máis a unha demanda social. Son graos que implican facer un grande esforzo pola súa carga de créditos, ademáis de ser o acceso aos mesmo complicada pola súa nota de corte tan alta. Tamén aclarou que un alumno cando remata estes graos non ten dous títulos como noutras universidades, ten un único título no que consta que é graduado nas dúas titulacións superadas.

Tamén salientou que as opcións de Formación Profesional Superior son igualmente interesantes y válidas como cursar calquer grao. Como aportación persoal, dada a súa condición de profesor, engadiu que na súa escola había alumnos procedentes de graos superiores das ramas de edificación e obra civil cunha preparación y madurez maior que o alumnado procedente do bacharelato.

Outro aspecto importante que indica, é a pouca demanda que están tendo na actualidade as enxeñarías, razón pola cal as notas de corte non son moi altas. Todo esto fai pensar que nun futuro, estas titulacións acabarán tendo una boa empregabiliade laboral.

Fixo fincapé en que o alumnado que estuda na USC precisa ter un nivel B1 nun idioma estranxeiro para poder graduarse.

Velaquí vos deixo a presentación.