jueves, 15 de junio de 2017

OS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN SUMAN


Para cantos graos universitarios pondera cada unha das materias de 2º Bacharelato? Esta conta pódela ver nos gráficos que xunto. É un enfoque que me parece oportuno facer, cando estou nas aulas co alumnado.  Imos velo con algúns exemplos:

Rama de coñecemento Artes e Humanidades
  • Debuxo Técnico, Deseño e Economía da Empresa e Matemáticas aplicadas ás CCSS  só pondera en 3, 5, 6 e 5  graos universitarios respectivamente
  • Sen embargo, Artes Escénicas, Cultura Audiovisual, Fundamentos da Arte, Historia da Arte e algunha materia máis que podes ver nas táboas, ponderan para un total de 19 graos que se poden cursar na nosa Comunidade Autónoma.
Rama de Enxeñaría e Arquitectura
  • Bioloxía, Deseño, e Xeoloxía son as materias que ponderan en menos carreiras
  • Polo contrario, Debuxo Técnico, Eonomía, Física, Matemáticas e Química son as que teñen máis peso.
É importante facerlle ver ó alumnado de que, aínda que a Economía é materia específica da modalidade de Ciencias Socias é importante para os graos desta rama.

Rama de Ciencias Sociais e Xurídicas
  • É salientable que materias máis propias de Ciencias como a Bioloxía e Química, aínda que só ponderan en 4 e 5 graos respectivamente, se algún alumno quere cursar un grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte ou algunha carreira das Ciencias da Eduación, son aconsellables. Tanto é así que ponderan con 0,2. 
  • O Latín e o Grego, ponderan para as 23 carreiras desta rama. Pero se te fixas nas táboas verás que o Latín pondera con 0,2 ( destacado en cor amarelo ) en máis graos que Grego. 
E tí.... a que conclusións chegas? Que outros exemplos suliñarías ti? Anímate a deixar algún comentario ou observación que sexa de interese, despois de albiscar as tábas, que aparecen máis abaixo.  

É posible que lles axude a ver,  un pouco mellor, o peso que teñen por ramas de coñecemento. Pensa que pode ser útil para cando as eleccións aínda non están moi maduras e polo tanto deben de facelo en bloque, para máis adiante ir acotando o que
queren. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario