CAMBIO DE ESTUDOS UNIVERSITARIOS/CONTINUIDADE DOS MESMO NOUTRA UNIVERSIDADE
Os estudantes con estudos universitarios iniciados e non rematados poden solicitar:
- Facer outros estudos distintos.
- Continuar os mesmos noutra universidade distinta
Precisas ter 30 créditos aprobados na universidade de orixe para poder solicitar un cambio de expediente.
Cada universidade establece o número de prazas reservadas para traslado e tamén o seu procedemento.
No seguinte taboleiro tes información en relación a este tema, nas tres universidades galegas.
NOTAS ACLARATORIAS:
- O número de prazas establecido pola Universidade de Santiago está pendente de actualizarse na USC.
- O traslado de espediente na USC só é posible para continuar os mesmo estudos, non permiten o cambio dun grao a outro.
- A Universidade de A Coruña establece un porcentaxe máximo dun 20% para cada titulación, no que se terá en conta o expediente académico ( aparece destacado no documento do taboleiro ). SE PRECISAS SABER O NÚMERO DE PRAZAS, TES QUE CONSULTAR A PÁXINA WEB DE CADA FACULTADE, XA QUE NON DISPOÑEN DA INFORMACIÓN NOS LERD DA UNIVERSIDADE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario