domingo, 26 de marzo de 2017

SEGUIMOS A TER MÁIS RELATORES DA UNIVERSIDADE  NO NOSO CENTRO



Esta vez a universidade de A Coruña, estivo representada por Fisioterapia, Ciencias da Actividade Física e do Deporte e o dobre grao de Turismo e Empresariais. Estiveron dirixidas a alumnado de 4º de ESO e bacharelato. 

Como datos interesantes, dicir que unha das razóns polas que Fisioterapia ten poucas prazas e por conseguinte unha nota de corte moi alta, é porque ó ser un grao con moito carga de horas de prácticas, os grupos son moi reducidos. A duración media dos alumnos para terminar este grao é de 4 anos e medio. Teñen un máximo de 12 prazas para alumnos procedentes doutra titulación da mesma rama de coñecemento. 

Con respecto o grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, foron dous alumnos de prácticas os que presentaron estes estudos. Explicaron como son as probas físicas para acceder a este grao. Tamén fixeron fincapé en que o alumnado de 1º de Bacharelato podía presentarse as devanditas probas porque teñen validez ata dous anos. Outra cuestión de interese é que a súa superación tamén permite acceder a este grao en Pontevedra, non sendo posible ó revés. O prazo para inscribirse remata o 31 deste mes e hai dúas datas de realización: 22 de abril e 20 de xuño. 

Estas son as presentacións que os relatores utilizaron para explicarlles ós alumnos a información dos distintos estudos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario