jueves, 16 de febrero de 2017

DOUS PROFESORES DA ESCOLA DE ENXEÑARÍA DE CAMIÑOS VEÑEN Ó NOSO CENTRO


Este mércores día 15 , estiveron con nós Ignacio Colominas, director da escola de enxeñaría,  e Iván Couceiro,  para falarnos das grandes obras de enxeñaría que desenvolve un titulado que remata os dous graos que se poden cursar: 

- Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil 
- Grao en Enxeñaría de Obras Públicas

Amosáronnos con imaxes algunhas das grandes construccións que requiren obras de enxeñaría.
- Portos loxísticos
- O canal de Panamá
- A Ponte de Rande
- Liñas de alta velocidade
- Metros lixeiros ou trens de superficie que son habituais en cidades non moi poboadas
- Presas para abastecernos, xerar electricidade e algunhas para evitar inundacións
- Parques eólicos no mar con maiores rendementos enerxéticos
- Plantas de xeración solar
- Depuradoras ou plantas de saneamento de residuos 
- Porto exterior da Punta Langosteira
- Centro de control de tráfico da DGT

Como dato curioso, tamén nos deron a coñecer que a Escola de Enxeñaría ten unha ONG ( Enxeñeiros sen fronteiras)  para suministro de auga e recollida de augas negras ( residuais ) en países menos desenvolvidos.

Fixeron fincapé en que un enxeñeiro,  non é so o profesional que visita as obras para ver como se van construindo, senón que ten que ter outras competencias profesionais, de suma importancia para a súa labor como o deseño do proxecto, o cálculo de estructuras mediante o ordenador e a xestión da posta en práctica dos devanditos proxectos.

A Escola de Enxeñaría conta cun laboratorio para facer ensaios e prácticas. Algún destes experimentos son:
- Asfaltos
- Cachos de diques
- Túnel de vento para o deseño de diques

Como dato de interese, indicaron que tanto as Matemáticas como a Física son materias fundamentales nestes graos e que o Debuxo Técnico, aínda que é necesario ter uns coñecementos básicos, tampouco hai que ser un experto.

Penso que foi bastante orientativo para o alumnado.Vimo un video,  no cal se recollían opinións de alumnos que están e estiveron a cursar estos graos. Transmitiuse como idea xeral, que non é unha titulación tan complexa como en principio podemos pensar, por suposto que hai que estudar,  pero que iso non impide ter tempos de ocio e socialización. Puxeron como exemplo que alumnos que accederon con uhas notas de acceso moi altas, non se adaptaron e deixaron os estudos sen rematar e sen embargo outros estudantes con notas máis humildes puideron rematala, ano a ano. 

Persoalmente, gustoume moito que insistisen en que tiñan que escoller un grao que realmente lles gustase e motivase porque esa formación iba a ser algo que  terían que desempeñar ó longo de toda unha vida laboral e que iso significaba moito tempo nas nosas vidas, por non dicir toda unha vida. Xa vedes, esto ten que ver co que facemos as orientadoras e orientadores, cando facemos labores de orientación vocacional, con preguntas tipo:  qué che gusta, qué che apasiona, con qué disfrutas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario