O BÁSICO DA FORMACIÓN OCUPACIONAL
Este post pretende ser un KIT de supervivencia co más básico, para os orientadores que non desempeñamos a nosa labor profesional, nun centro integrado de formación profesional
Se temos alumnos con grave risco de abandono escolar intentamos buscar todas as alternativas que temos ó noso alcance. Unha posible opción e o Plan AFD. Son cursos de acción formativa para desempregados. Estos cursos corresponden con 3 niveis de cualificación profesional. Nesta táboa aparece a súa correspondencia coa formación regrada.
Se temos alumnos con grave risco de abandono escolar intentamos buscar todas as alternativas que temos ó noso alcance. Unha posible opción e o Plan AFD. Son cursos de acción formativa para desempregados. Estos cursos corresponden con 3 niveis de cualificación profesional. Nesta táboa aparece a súa correspondencia coa formación regrada.
Nivel 1
|
Formación Profesional Básica
|
||
---|---|---|---|
Nivel 2
|
Ciclos Formativos de Grao Medio
|
||
Nivel 3
|
Ciclos Formativos de Grao Superior
|
1. Qué cursos nos interesan? Lóxicamente os de nivel 1 porque podemos derivar ó alumnado que non ten o título da Educación Secundaria e ten os 16 anos cumpridos. Nesta outra táboa aparecen a relación destes cursos de nivel 1 organizados por familias profesionais.
2. Como fago para atopar estes cursos? Primeiro teño que ir á página de emprego da Xunta e buscar o ficheiro de especialidades formativas e aparecerá unha pantalla coma esta:
http://emprego.ceei.xunta.gal/listaxe-de-especialidades-formativas
Tal e como se indica nesta captura de pantalla, podes ver dun éxito rápido, os cursos do Plan AFD, o nivel de cualificación e a que familia de formación profesional que lles corresponden.
3º Donde se fan estes cursos? Unha vez que sabes cales son todos os cursos que pode facer o noso alumnado sin o título da ESO, o seguinte será ver que oferta hai na nosa contorna. Para eso hai que buscar a programación anual para cada provincia, e dentro de cada provincia por concello. Como podedes comprobar a oferta deste ano, ainda está por sair.
|
Tamén interesa saber, que módulos dos ciclos formativos de grao medio estarían exentos de facer, unha vez rematados estes cursos do Plan AFD. Para isto, o mellor é velo cun exemplo:
Poñamos por caso que un alumno cursou dentro do Plan AFD un curso de Servizos auxiliares de Perruquería e quere facer un Ciclo de Formación Básica de Peiteado e Estética.
4. Como fago para ver as equivalencias entre os dous? Primeiro teño que ver cales son as unidades de competencia que van asociadas co curso do Plan AFD ( eu chámolle de Formación Ocupacional ) que aparecen neste cadro.
Despois é cando
accedo á páxina de FP da Xunta donde aparecen os folletos informativos dos ciclos ( eses que
tamén temos en formato papel nos departamentos ) que no caso que nos ocupa é este.
Agora, se comparades estas dúas últimas ilustracións, podedes ver que as unidades de competencia son as mesmas, tanto na ficha de certificado de profesionalidad do curso de Formación Ocupacional ( Serivizos auxiliares de peluquería ) como no folleto informativo da Xunta do Ciclo Básico de Peiteado e Estética.
UNIDADES DE COMPETENCIA
|
MODULOS VALIDADOS
|
||
---|---|---|---|
UC0058
|
MP 3060
|
||
UC0059
|
MP 3064
| ||
UC0060
|
MP 3065
|
Todo o explicado seguiría o mesmo procedimento para saber as correspondencias entre os ciclos de grao medio e os cursos do Plan AFD de nivel de cualificación 2.
No hay comentarios:
Publicar un comentario