sábado, 11 de marzo de 2017

A Universidade de Vigo tamén estivo no noso centro.


Despois das últimas novas, actualizo esta entrada publicada nunha data anterior
O pasado mércores 1 de Febreiro, estivo con nós Carmen Álvarez Veleiro, xefa do negociado do SIOPE (Servizo de Información e Orientación ó alumnado) representando á Universidade de Vigo. A charla estivo dirixida a 2º de Bacharelato. 

Como comentaba antes,  é un servizo de asesoramento,  e polo tanto,  parece lóxico que a charla debería de estar centrada en aspectos xerais,  como os graos que se ofertan nos tres campus universitarios ( Ourense, Vigo e Pontevedra), residencias, servizos que ofrece, e demais... sen embargo non foi así, por varias razóns:

- Sobra dicir, que o tema estrela deste ano é a reválida que ven a sustituir as antigas PAU ( selectividade ). O nome "bonito" é EBAU. Eu chamaríalle "e-vou" se non fora porque a estas alturas de curso, aínda non sabemos NADA DE NADA...
- O alumnado está inquedo, non sabe qué materias terán máis peso para optar aquel grao da súa primeira elección, non sabe qué tipo de examen vai facer e un etc, etc, etc.
- As familias tamén manifestan o seu malestar por esta situación e os que deberíamos saber algo para dar respostas, tampouco sabemos nada.

Ante todo esto, Carmen Álvarez, con moi bo criterio,  decidiu falarlles dese examen misterioso EBAU, que foi un BORRADOR. Dito doutra maneira: " des-orientar en fase beta". A día de hoxe xa podemos falar de como van ser esas probas porque a orde xa está tramitada para ser publicada en DOG. Así que grazas a Carmen,  enlazo esta presentación que elaborou, para que  vexades como queda finalmente.



Finalmente dicir, que un dos referentes do noso centro, é ser o único centro plurilingüe en Lingua Francesa, na nosa Comunidade Autónoma. Isto supón, que o noso alumnado, que ven cursando varias materias nesta lingua, ten  coñecementos neste idioma moi sólidos. Esta gran competencia lingüística permitíalles subir as cualificacións da parte xeral das anterior PAU, ó poder escollerse a segunda lingua estranxeira, como materia. Sen embargo, e sempre falando desa fase beta e tomando as directrices do que establece o governo central a través de BOE, esta situación parece que cambia. Así que o descontento do noso alumnado é por partida dobre.

Faltoume dicir antes, que Carmen fíxo entrega a todo o alumnado dun díptico coa oferta académica da universiadade de Vigo. Tampouco me podo esquecer de comentar, que houbo un grande interese polos alumnos e que o tempo foi escaso para intentar dar resposta a todas as inquedanzas que manifestaban. GRAZAS CARMEN!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario