PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR 2017
1. CICLOS DE GRAO MEDIO
Datas de inscripción: O prazo de presentación
estará abranguido entre os días 13 e 23 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
Requisitos de inscripción: Ter dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba
Lugares de inscripción:
- As solicitudes deberán presentarse en papel, en centros nos que se impartan as ensinanzas de formación profesional.
- As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
Estructura e organización da proba:
- Parte sociolingüística:
- Lingua Castelá
- Lingua Galega
- Ciencias Sociais
- Parte matemática
- Matemáticas
- Parte científico-técnica
- Ciencias da Natureza
- Tecnoloxía
Datas e horarios das probas:
Terán lugar o día 31 de maio de 2017 no horario que se indica deseguido:
- Ás 9:00 horas: presentación
- Das 10:00 ás 13:00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
- Das 16:00 ás 18:00 horas: parte científico-técnica
Presentar no momento de realizar a proba o DNI e a copia da folla de solicitude de inscripción
2. CICLOS DE GRAO SUPERIOR
Datas de inscripción: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 6 e 15 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.
Requisitos de inscripción: Ter dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba
Lugares de inscripción:
- As solicitudes deberán presentarse en papel, en centros nos que se impartan as ensinanzas de formación profesional ( agás no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro)
- As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
Estructura e organización da proba:
- Parte común:
- Lingua Castelá
- Lingua Galega
- Matemáticas
- Parte específica: Escoller unha opción e dúas das tres materias de cada unha delas.
- Opción A: Economía da Empresa, Lingua Estranxeira ( Inglés ou Francés ) e Filosofía
- Opción B: Debuxo Técnico, Tecnoloxía Industrial e Física.
- Opción C: Ciencias da Terra e Ambientais, Química e Bioloxía.
Datas e horarios das probas:
Terán lugar o día 20 de abril de 2017 no horario que se indica deseguido:
- Ás 9:00 horas: presentación
- Das 10:00 ás 13:30 horas: parte común.
- Das 16:00 ás 18:30 horas: parte específica
Presentar no momento de realizar a proba o DNI e a copia da folla de solicitude de inscripción
CALENDARIO DAS PROBAS
Normativa que regula a proba
DOCUMENTOS RELACIONADOS PARA GRAO MEDIO
- Modelo de solicitude inscripción grao medio
- Exames de grao medio de convocatorias anteriores
- Modelo para reclamar os resultados das probas
- Outra información de interese sobre ciclos de grao medio
No hay comentarios:
Publicar un comentario