sábado, 10 de diciembre de 2016

A AMIZADE REPRESENTADA NUN CÓMIC


Antes de nada, o primeiro que debo de  dicir é que a miña fonte de inspiración para este post foi Ada Agrasar Valcárcel e algúns dos seus compañeros e compañeiras da súa clase. 

Veredes, todo empezou cando un día decidín traballar o tema do " respeto ás diferencias" a través da animación dun corto maravilloso que vos recomendo, se é que aínda, non tivestes a ocasión de velo. A temática central é do mesmo estilo , que podedes atopar tamén en "El cazo de Lorenzo" "Por cuatro esquinitas de nada" . 

Todos eles son altamente recomendables para sensibilizar e tomar conciencia de que todos somos diferentes,  pero ó mesmo tempo todos somos iguais , porque aínda que non hai dous individuos iguais,  no fondo todos queremos ser aceptados e estar integrados nun grupo. 

Vénseme á tarabela, cando escribo esto, que ata nós mesmos,  profesionais da educación, non somos coherentes...estámos pedindolle ó alumnado que non segregue, que non aparte, que sexa acolledor, que non discrimine... e paradóxicamente facemos caso omiso do principio de inclusión educativa,  que debe de primar na atención á diversidade do alumnado. Aclaro mellor isto, inclusión educativa: NINGÚN alumno sae da aula dos seus iguais, pola contra, exclusión educativa: determinados alumnos saen a aula de apoio. E quen vos parece que somos os responsables? NÓS MESMOS. Ou sexa, excluímos, separamos, segregamos, ferimos sentimentos. Teño que confesar que algunha vez doeume o corazón cando lle tiven que dicir ás familias e ó propio alumno que tiña que sair unhas horas á semana para que lle axudasen coas mates ou as linguas... e despois enchésenos a boca nas avaliacións cando decimos que ten baixa autoestima.

Deixando esto a un lado, que non é POUCO.... sigo a contar como traballamos o corto do que falaba máis arriba. Supoño que coma moitos  profes, o valor educativo de calquer corto, non é tanto a proxección en sí , como o debate, a análisis e a reflexión que calquer docente tenta a facer co alumnado. Non é doado de facer ou polo menos a mín non me resulta fácil, tamén ten que ver a idade evolutiva dos alumnos. A metodoloxía que sigo é a dos "círculos restaurativos". A disposición como o seu nome o indica é sentados en círculos, e procuro que tódos os alumnos teñan a oportunidade de expresar o que pensan e algo máis difícil " o que sienten".  Pois ben, a lectura ou significado que lle demos ó corto foi en resumen " os lazos de amizade que se establecen entre a protagonista e un neno que vai en cadeira de rodas. 

Unha vez rematada a sesión, pedinlles a cada alumno, que expresanse no formato que quixeran,  a amizade. Todos sabemos que este  aspecto  cobra unha grande importancia na adolescencia. Por certo, esquecín dicir que os alumnos son un grupo  maravilloso de 1º de ESO e que este año tiven a sorte de impartirles a materia de valores éticos. Aquí podedes ver como representa Ada Agrasar Valcárcel a amizade que se establece entre dúas amigas,  que se coñecen a través dun intercambio entre centros educativos e a quen teño que agradecerlle,  que quixese compartir con todos vós este divertido e entrañable cómic. Terán algo que ver os intercambios que organiza o Departamento de Francés? Téñolle que preguntar... 












2 comentarios:

  1. Felicidades por ser uno de los blogs de orientación educativa más destacados en 2016: http://orientapas.blogspot.com.es/2016/12/posiblemente-los-mejores-blogs-y-webs.html

    ResponderEliminar