QUE PASARÁ COAS REVÁLIDAS?
A dicir verdade, xa fai tempo que tiña este post como borrador e non me atrevín a publicalo ata agora, porque as novas que van saíndo fan que o que se sabe, e que está en normativa, pode que non sexa de aplicación. Esta é a situación na que estamos dende que o panorama político é o que é, tendo que nadar entre dúas augas.
O que aparece redactado máis abaixo está tomado da lexislalción vixente, á risco de que como dicía antes, quen sabe se ó mellor chegado fináis de curso, xa sexa doutra maneira e máis, despois de ler o titular do xornal do día de hoxe, na Voz de Galicia, no que o noso conselleiro, pedirá o goberno central que as reválidas teñan únicamente carácter informativo.
Aclarado esto, o máis salientado do último pubricado en Real Decreto polo ministerio de Educación, no relativo ás reválidas, en cuarto de Educación Secundaria Obrigatoria e en 2º de Bacharelato é:
A) CONDICIÓNS XERAIS
DURACIÓN DAS PROBAS E TIPOS DE PREGUNTAS
- As avaliacións finais ( reválidas) da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato terán unha duración dun máximo de catro días. Aquelas Administracións educativas con lengua cooficial poderá establecer unha duración dun máximo de cinco días ( como é o caso da nosa comunidade).
- Cada unha das probas da avaliación final da Educación Secundaria Obrigatoria terá unha duración de 60 minutos, establecéndose un descanso mínimo de 15 minutos entre sesión e sesión.
- Os tempos de descanso non poderán ser empregados para ampliar o tempo de realización das probas polo alumnos que presentan necesidades específicas de apoio educativo
- Cada proba comprenderá un número máximo de 15 preguntas ou items.
- Cada unha das probas terá preguntas abertas e semiabertas
|
ENQUISAS DE CONTEXTO
Poderán ser de dous tipos:
- Enquisas dirixidas ó alumnado que realice a avaliación
- Enquisas dirixidas ás familias
- Enquisa dirixida ó profesorado titor
- Enquisa dirixida a dirección do centro
|
CONVOCATORIAS E CALENDARIO ESCOLAR
- Anualmente haberá dúas convocatorias: unha ordinaria e outra extraordinaria
- Os días adicados ás avaliacións finais de etapa, incluiranse no cómputo anual dos días lectivos do calendario escolar
- O alumno que o desexe poderá facer a avaliación final por calquera das diferentes opcións da ESO, as diferentes modalidades do Bacharelato e por máis dunha delas na mesma convocatoria.
- Poderáse repetir a avaliación en convocatorias sucesivas, tanto para superala como ter mellor cualificación, non sendo necesario avaliarse de novo das materias superadas, a menos que se desexe elevar a cualificación final. Para a superación dunha materia, o alumno deberá de acadar unha nota de 5 puntos sobre 10.
|
PROBAS ADAPTADAS PARA ALUMOS CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO
EDUCATIVO
- En funcións das necesidades, poderán adoptarse medidas tales como a adaptación dos tempos, utilización de formatos especiais e a posta a disposición do alumnado dos medios materiais e humanos, así como apoios e axudas técnicas.
- O departamento de orientación realizará un informe por cada alumno que será tido en conta para establecer as adaptacións que proceda.
|
CALIFICACIÓNS DAS PROBAS
- O resultado da avaliación final expresaráse mediante unha calificación númérica de un a dez puntos na ESO e de cero a dez puntos con dous decimais no Bacharelato e será a media aritmética das cualificacións acadas en todas as materias obxecto de avaliación.
- O resultado da avaliación final da etapa comunicarase ós pais, nais e titores legais do alumno, así como o equipo directivo do centro docente para poder valorar os resultados e identificar as causas dos mesmos, propostas de reforzo e outras medidas.
|
B) AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
MATERIAS OBXECTO DE EXAME
- Todas as materias cursadas durante a ESO do bloque de materias troncais, agás Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química, das que o alumno será avaliado se as escolle entre as materias de opción
- Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en cuarto curso, á elección do alumnado.
- Unha materia do bloque de materias específicas, cursada en calqueira dos cursos, que non sexa Educación Física, Relixión, ou valores éticos, á elección do alumnado.
|
REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
- Alumnado que acadase ou ben avaliación positiva en todas as materias da etapa, ou negativa nun máximo de dúas que non sexan simultáneamente Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, tendo a mesma consideración a Lingua Cooficial e Literatura.
|
OBTENCIÓN DO TÍTULO
Para acadar o título será necesario ter unha cualificación final de igual ou superior a 5 puntos sobre 10, que será calculada coa seguinte ponderación:
- Cun peso dun 70% da media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas na ESO
- Cun peso dun 30% da cualificación acadada na avaliación final, que deberá de ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10
|
C) AVALIACIÓN FINAL DE BACHARELATO
MATERIAS OBXECTO DE EXAME
- Todas as materias xerais cursadas nos dous cursos de Bacharelato no bloque de materias troncais. No caso de materias que impliquen continuidade, só se terá en conta a materia de segundo curso.
- Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos dous cursos, á elección do alumnado. As materias que impliquen continuidade só se terán en conta como unha materia e só se terá en conta a cursada no segundo curso.
- Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos dous cursos que non sexa a Educación Física nen Relixión, á elección do alumando.
|
REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E OBTENCIÓN DO TÍTULO
Alumando que acadase avaliación positiva en todas as materias.
Para acadar o título de Bachiller será necesario superar a avaliación final de Bacharelato cunha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10, que se deducirá da seguinte ponderación:
- Cun peso do 60% da media aritmética das cualificacións numéricas acadadas en cada unha das materias cursadas no Bacharelato
- Cun peso do 40% da nota obtida na avaliación final do Bacharelato.
|
Esta información está no seguinte Real Decreto:
No hay comentarios:
Publicar un comentario