lunes, 27 de junio de 2016

PROCESO DE ADMISIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR



1. Admisión nos ciclos de grao medio en réxime ordinario

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.
 A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

  • GRUPO A
ESO ou equivalentes
  • GRUPO B
FPB e PCPI                       

  • GRUPO C
Probas de acceso e outros


Ata o 70%

Ata o 20%                       



Ata o 10%

Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

  Grupo A.

1º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas.
2º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
3º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
- Alumnado con título de técnico auxiliar.
- Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
- Alumnado con título de bacharelato superior.
- Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.

  Grupo B.

1º. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
2º. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
3º. Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.

  Grupo C.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
2º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
4º. Alumnado con título de técnico.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
6º. Alumnado con título de bacharelato.
7º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
8º. Alumnado con título universitario.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

2. Admisión nos ciclos de grao superior en réxime ordinario

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE.
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

  • GRUPO A
Bacharelato ou equivalentes
  • GRUPO B
     Título de Técnico                       

  • GRUPO C
Probas de acceso e outros


Ata o 70%

Ata o 20%                       



Ata o 10%

2Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

  Grupo A.

1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

  Grupo B.

1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

  Grupo C.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
4º. Alumnado con título universitario.
 - Consultar modalidades preferentes de bacharelato e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior. (Pendente de publicación)
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

3. Proceso de admisión


  • Período ordinario: do 25 de xuño ao de 31 xullo. 
  • Prazo de solicitude admisión: Do 27 de Xuño ó 5 de Xullo
  • Período extraordinario: do 1 de setembro ata un mes despois do comezo das actividades lectivas en ciclos formativos, segundo se estableza no calendario escolar que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica para cada curso académico.

4. Presentación de solicitudes

A solicitude farase empregando unha aplicación informática que unha vez cuberta e xerada deberá de imprimirse para a súa presentación na secretaría dun centro educativo con oferta profesional de grao medio ou superior. Xunto a esta solicitude deberá presentarse a seguinte documentación no caso de non autorizar  a súa consulta canso se cubre a solicitude na aplicación informática:
  • Fotocopia cotexada do DNI ou NIE
  • Certificación que acredite os estudos académicos requeridos para o acceso, no cal figuren as cualificación das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título, de ser o caso. 
  • Copia compulsada do certificación da proba de acceso, de ser o caso
Cada solicitante presentará unha única instancia na que constará, por orde de preferencia, os ciclos que desexe cursar e os centros onde se impartan.

Acceso á solicitude web

Ligazóns de interese:

1. Normativa reguladora do proceso de admisión

2. Instrucións xerais do proceso de admisión

3. Asistente web para a solicitude

4. Calendario de admisión

5. Oferta da Formación Profesional clasificada por provincia e concello en réxime ordinario

6. Notas de corte de acceso a ciclos de grao medio

7. Notas de corte de acceso a ciclos de grao superior

No hay comentarios:

Publicar un comentario