lunes, 27 de junio de 2016

PROCESO DE ADMISIÓN NOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR



1. Admisión nos ciclos de grao medio en réxime ordinario

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título da ESO ou titulacións equivalentes para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen título profesional básico ou os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 ou seguintes.
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos ou outras vías de acceso a ciclos de grao medio.
 A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

  • GRUPO A
ESO ou equivalentes
  • GRUPO B
FPB e PCPI                       

  • GRUPO C
Probas de acceso e outros


Ata o 70%

Ata o 20%                       



Ata o 10%

Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

  Grupo A.

1º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas.
2º. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
3º. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
- Alumnado con título de técnico auxiliar.
- Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
- Alumnado con título de bacharelato superior.
- Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.

  Grupo B.

1º. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
2º. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
3º. Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.

  Grupo C.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
2º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
3º. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
4º. Alumnado con título de técnico.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
6º. Alumnado con título de bacharelato.
7º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
8º. Alumnado con título universitario.
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

2. Admisión nos ciclos de grao superior en réxime ordinario

As prazas ofrecidas para cada centro e ciclo distribúense en tres cotas: cota xeral, cota para persoas con discapacidade legalmente recoñecida (10%) e cota para deportistas de alto nivel ou de alto rendemento (5%).
Para cada cota haberá tres grupos segundo o tipo de requisitos de acceso:
Grupo A, persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos.
Grupo B, persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE.
Grupo C, persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior.
A distribución, ao comezo do proceso de admisión, das prazas dispoñibles para cada ciclo e para cada centro é:

  • GRUPO A
Bacharelato ou equivalentes
  • GRUPO B
     Título de Técnico                       

  • GRUPO C
Probas de acceso e outros


Ata o 70%

Ata o 20%                       



Ata o 10%

2Criterios de selección cando a demanda de prazas supera a oferta

Dentro de cada grupo establécese a relación ordenada de requisitos de acceso de maior a menor prioridade. Dentro de cada apartado, as solicitudes ordenaranse de maior a menor nota de acceso

  Grupo A.

1º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, e coas materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo. A nota media, de maior a menor, das materias vinculadas empregarase nos casos de empate da nota media do bacharelato.
2º. Alumnado con título de bacharelato da modalidade preferente, pero sen algunha das materias vinculadas, que se determina no currículo do ciclo.
3º. Alumnado con título de bacharelato sen modalidade preferente das determinadas no currículo do ciclo. Alumnado que superara COU ou PREU.
4º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) da modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
5º. Alumnado con certificado acreditativo de ter superado todas as materias do bacharelato (regulado na Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa) sen a modalidade preferente que se determina no currículo do ciclo.
6º. Alumnado con título de bacharelato unificado e polivalente (BUP).

  Grupo B.

1º. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
2º. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.

  Grupo C.

1º. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
2º. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
3º. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
4º. Alumnado con título universitario.
 - Consultar modalidades preferentes de bacharelato e materias vinculadas para o acceso a ciclos formativos de grao superior. (Pendente de publicación)
En caso de empate entre varias persoas solicitantes, e co obxectivo de favorecer o fomento das vocacións nas áreas con infrarrepresentación de mulleres ou de homes, seleccionarase en virtude do sexo menos representado na área profesional en que se demande a praza. De persistir o empate, resolverase por sorteo público segundo a normativa. (Criterios de desempate)
O procedemento de admisión ten establecidas as datas de publicación das listaxes de adxudicacións e os prazos de formalización de matrícula (consultar o calendario de admisión). As matrículas ou renuncias fóra dos prazos establecidos non serán válidas.

3. Proceso de admisión


  • Período ordinario: do 25 de xuño ao de 31 xullo. 
  • Prazo de solicitude admisión: Do 27 de Xuño ó 5 de Xullo
  • Período extraordinario: do 1 de setembro ata un mes despois do comezo das actividades lectivas en ciclos formativos, segundo se estableza no calendario escolar que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica para cada curso académico.

4. Presentación de solicitudes

A solicitude farase empregando unha aplicación informática que unha vez cuberta e xerada deberá de imprimirse para a súa presentación na secretaría dun centro educativo con oferta profesional de grao medio ou superior. Xunto a esta solicitude deberá presentarse a seguinte documentación no caso de non autorizar  a súa consulta canso se cubre a solicitude na aplicación informática:
  • Fotocopia cotexada do DNI ou NIE
  • Certificación que acredite os estudos académicos requeridos para o acceso, no cal figuren as cualificación das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título, de ser o caso. 
  • Copia compulsada do certificación da proba de acceso, de ser o caso
Cada solicitante presentará unha única instancia na que constará, por orde de preferencia, os ciclos que desexe cursar e os centros onde se impartan.

Acceso á solicitude web

Ligazóns de interese:

1. Normativa reguladora do proceso de admisión

2. Instrucións xerais do proceso de admisión

3. Asistente web para a solicitude

4. Calendario de admisión

5. Oferta da Formación Profesional clasificada por provincia e concello en réxime ordinario

6. Notas de corte de acceso a ciclos de grao medio

7. Notas de corte de acceso a ciclos de grao superior

domingo, 26 de junio de 2016

PABLO OTERO LÓPEZ FÁLANOS DO CICLO DE PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS


Pois sí, Pablo é un estudante que rematou agora en xuño, o primeiro curso de "Producción de audiovisuais e espectáculos" na Escola de Imaxe e Son de Fundación TIC en Lugo. 

Nesta curtametraxe cóntanos que se aprende neste ciclo e tamén nos fala do período de formación de prácticas no segundo curso. Se tes curiosidade por saber algo desto... non está de máis que lle dés o reproductor... e máis agora que empeza o prazo de admisión.



viernes, 24 de junio de 2016

AY QUE VER.... COMO TRABALLAN OS NOSOS ALUMOS DE 1º DE ESO!!!!


Acábase o curso,  e síntome na obriga de rendir homenaxe ó noso alumnado de 1º de ESO. Son eses alumnos que sempre están dispostos a participar en todo, uns "todoterreno" que a calquer proposta que fagas,  eles son os primeiros en apuntarse ó carro. Véxase:

- A entrevista a Pepe Carballude
- O video " Eu son Neira Vilas
- Voume para o Instituto

E de seguro, que aínda me quedan cousas por citar...que quedaron agochadas nos buratos das paredes....

Algúns deles son emocionalmente moi intelixentes. Aínda me acordo dalgunhas horas de titoría que pasamos xuntos,  e nas que tratamos o tema do respeto ás diferenzas. Lembro aquel video que visualizamos " O cazo de Lorenzo",  e que foi acicate para construir ese coñecemento que é estracurricular pero que nos prepara para a vida. Son eses valores que hai que facer explícitos... algúns dín que van no paquete das materias ou que son implícitos, pero a mín gústame poñelos enriba da mesa porque ó mellor aquelo que non se debate queda sen clarificar.  

Non sería honesta conmigo mesma, senón digo, que eu fun a primeira en aprender cousas con todos eles. Fomos quen de recoñecer a variabilidade da temperatura emocional de Lorenzo,  que é o protagonista da curtametraxe. Para quen aínda, non tivo a oportunidade de poder velo, pode atopalo no seguinte link:

https://youtu.be/xQ_rbKMOzag

Como dicía máis arriba, estes alumnos " apúntanse a un bombardeo" e unha boa proba disto, son os estupendos traballos que desenvolveron sobre " o mundo das profesións" que aquí espoño. Non me podo esquecer de Inma Otero, a miña compi de Lingua Galega, titora dalgún destes alumnos, quen amosou interese pola actividade e que sen a súa implicación, esto non sería posible. Grazas Inma!!






lunes, 20 de junio de 2016

CURSO DE PREPARACIÓN ONLINE E GRATUITO PARA IR A ESTUDAR A FRANCIA




FINALIDADE:

Esta formación online, pretende proporcionar ó alumnado toda a información e os instrumentos que son necesarios para preparar a súa chegada a Francia. Levarase a cabo durante cinco semanas, ata o 31 de xullo do 2016. A data de comezo é o 27 de Xuño.

INSCRICIÓN:

É gratuíta e xa está aberto o prazo

Este é o video de presentación



Podes atopar máis información na seguinte ligazón:

http://www.espagne.campusfrance.org/es/actualite/un-curso-de-preparación-online-interactivo-y-gratuito-antes-de-ir-a-estudiar-a-francia-del

jueves, 16 de junio de 2016

AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA VISITAN O NOSO CENTRO



lunes, 13 de junio de 2016

ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO DEBE DE SABER....


PREINSCRIPCIÓN

GRAOS UNIVERSITARIOS

SELECTIVIDADE

BECAS

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS

FORMACIÓN PROFESIONAL


martes, 7 de junio de 2016

A FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA PRESENTADA POR DAVÍD BUJÁN

domingo, 5 de junio de 2016

GUÍA ORIENTAPAS DE ESTUDOS SUPERIORES 2016


Alberto del Mazo elabora unha guía , na que  recolle os distintos estudios superiores. Para facilitar o manexo desta guía quixen desagregar as distintas ramas de coñecemento para facilitar a súa lectura.


jueves, 2 de junio de 2016

E... FALANDO DE TODO UN POUCO... 

Que lles imos contar os profes, ós alumnos de 1º de ESO, que imos a ter en Setembro? Gustaralles saber algo do que aparece neste flower power ? 



 VOUME PARA O INSTITUTO!!!!


Xa queda moi pouco para que o alumnado de 6º, do noso centro adscrito, veña para o Instituto. Seguimos argallando para facilitar ese tránsito á secundaria,  e que mellor que o alumnado de 1º de ESO, o  mais cercano a eles,  lles conten como viviron ese cambio. Así que poñede as orellas ben grandes para escoitar o que nos dín...