miércoles, 4 de mayo de 2016

IV ENCONTROS DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA NO IES FRAGA DO EUME


Xestionar a Convivencia nos centros precisa de intelixencia colectiva. Asistir, ano tras ano, ós Encontros de centros de Galicia con servizos de mediación aporta ilusión, ganas de seguir arrimando o hombro e apostar por unha metodoloxía de cambio e renovación das prácticas educativas. Cando antes, falaba de intelixencia colectiva referíame a que o intercambio de experiencias entre os dezanove centros que participamos é  moi rica e axuda a construir coñecemento. Participar nestes encontros anuais, ven a ser como se fose un balón de osíxeno que ven cargado con cousas novas, innovadoras para a mellora nas relacións humanas e na procura dunha convivencia positiva.
Son encontros abertos a toda a comunidade educativa, con espazos e tempos para a participación colectiva que establece lazos de amizade entre os asistentes, cooperación e colaboración, reflexión e debate, habilidades de comunicación...

Dous exemplos claros que fomentan estas actitudes e que tiven a oportunidade de vivenciar son:

1. Para quen non saiba en que consiste a dinámica "world café", que foi o que me aconteceu a min, fai dous anos en Santiago, non é máis ca unha dinámica de interacción grupal, na que os seus compoñentes se dividen en grupos de cinco ou seis persoas para debatir en torno a un tema. No noso caso foron temas relacionados coa xestión das emocións. Despois de pasar uns minutos reflexionando e aportando ideas que un portavoz irá recollendo, todos os seus compoñentes abandonan o seu grupo e mudan a outro, agás o seu portavoz. Esto é como as abellas cando van picando de flor en flor, é dicir permite nutrirse do que van aportando todos os membros dos grupos, pero tamén ó mesmo tempo, ti contribues cos teus saberes e experiencias. Todo esto e como o seu nome indica, transcurre tomando un café e unhas pastas se se da o caso. Así e como xurde este enriquecedor intercambio de experiencias que traspasan as paredes das aulas e dos centros e dos cales todos nos podemos beneficiar. 

2. Tamén hai outra dinámica que se coñece como "open space",  na cal participamos tanto profes como alumnos. Calculo que neste último encontro, debíamos de ser como unhas sesenta persoas. Esta dinámica é moi semellante a anterior pero con dúas variantes. Unha delas é que os participantes son maior,  en numero e outra é que en torno a un eixe central os temas son propostos polos propios participantes. Algúns deles foron:
a) A xestión do estrés
b) Recursos para a xestión emocional
c) Autocontrol
d) Empatía
e) Machismo e discriminación nas aulas
f) Como introducir a educación emocional no currículum
g) Bullying
Outro dos temas propostos por un compañeiro do IES Viana do Bolo de Ourense e que realmente me sorprendeu foi "a xestión das emocións nas redes sociais". Aprendín moitas cousas, sobre todo o significados das emoticonos ou emojis, esa linguaxe tan usada polos adolescentes e tan descoñecida polos adultos ou polo menos para min. Se queredes achegarvos un pouco ó mundo dos adolescentes, recoméndovos sacalo como tema nunha asamblea de aula ou nun círculo de diálogo. Fixádevos que ata hai albums coleccionables de emojis. As empresas que se adican a facer estudos de mercado saben moito desto. Deberíamos de copiar algo delas para entender mellor ós nosos rapaces e rapazas nas aulas.

Ademáis destas dinámicas tivemos a sorte de escoita a Andrés González Bellido que nos presentou un programa de axuda entre iguais, que como ferramenta merece a pena, estudar a posibilidade de implementala, tanto nos centros de primaria como de secundaria. En Cataluña, varios centros están a traballar con ela, dende fai sete anos e os resultados son moi favorables. Na nosa Comunidade, algúns Institutos está empezando a formarse nesta técnica.  



Outra persoa de interese e seguramente de referencia para moitos profesionales de orientación, foi Rafael Bisquerra, que nos adentrou no mapa das emocións. Os investigadores descubriron as grandes constelacións das emocións positivas e negativas, chegando a identificar máis de 500. Se queredes adentrarvos neste apasionante mundo recoméndovos entrar nesta páxina:
Universo das emocións

Para seguir lendo...

No hay comentarios:

Publicar un comentario