viernes, 18 de septiembre de 2020

AS TIRITAS EMOCIONAIS CURAN 


Identificar as emocións vividas e tomar conciencia delas é o primeiro paso para saber que nos está pasando. Temos que ser quen de recoñecer eses síntomas emocionais que nos produce malestar, como cando temos dor físico,  para poder explicalo na consulta, cando vamos ó médico. Por suposto, tamén saber todas aquelas que nos aportan benestar. Así saberemos diferencialas unhas das outras.

Unha vez que se teñen controladas, será máis fácil saber cales son as que precisan algo do botiquín. Mira estas pócimas milagreiras... 


miércoles, 16 de septiembre de 2020

O PREGUNTOIRO 


Moi pronto voltaremos ás clases e algúns teredes novos compañeiros e compañeiras. Para crear grupo e sentir que se pertence, é necesario coñecer ós teus iguais. Crear comunidade axuda a sentirse parte do grupo no que estás. 
Ter habilidades de comunicación que faciliten as relacións sociais cos outos e outras, axuda a esa acollida e integración. Ás veces, non queda máis remedio que ser PREGUNTÓN, querer saber para iniciar conversacións. Aquí che deixo unhas cantas preguntas. 
Tamén valen para os profes para facilitar os círculos de diálogo e facer un chequeo emocional da aula, tendo en conta as circunstancias nas que estamos a vivir e despois de máis de seis meses, sen volver a estar en contacto coa rapazada . Este ano, terémolo máis complicado, polas distancias de seguridade para sentarnos en círculo todos xuntos. Algo se nos ocurrirá ó equipo de convivencia.

miércoles, 2 de septiembre de 2020

 AS COSTUMES NAS ENTRADAS E SAÍDAS DO INSTITUTO TAMÉN MUDARON 

Xa non podemos ir a tropel, como facíamos antes. Para que nos sexa máis doado gardar as distancias de seguridade e manter unha certa orde nas entradas e saídas, e mesmo cando poidamos disfrutar dos períodos de lecer se fai bo tempo, temos que cambiar de ruta.

Aínda que o titor/a estará esperando por ti na entrada do Instituto, non está demáis que mires e remires esta presentación, para levalo máis entrenado e tamén saber, donde está ubicada a túa aula. Xa quedaron atrás as aulas materia para os alumnos de curso superiores e que lles obrigaba a mudar de aula, entre clase e clase. Agora todo o alumnado terá unha única aula para a meirande parte das materias.

martes, 1 de septiembre de 2020

 AS NORMAS COVID E ALGUNHA TIRITA EMOCIONAL


Achégase o inicio do curso, a volta á escola. Quen nos diría que ía pasar tanto tempo, sen volver a pisar o Instituto, dende que quedamos confinados nas nosas casas. 

A nova normalidade fai que algunhas das cousas que adoitábamos facer no Insti, xa non son iguais. De seguro que nas vosas casas e mesmo cando saídes á rúa, as costumes mudaron. 

A nova realidade obríganos a ter unha serie de precaucións para estar sans e fortes e tamén para cando estamos tristeiros, saber qué facer... A esto chamámoslle benestar emocional. Entra dentro do noso autocoidado persoal e tamén dos demáis. 

Pero... sabemos como facelo? Eu diría, que ás veces, está ben recordar cousas para non esquecelas.

É máis... eu retaríate a que axudes a Brúxula Violeta.  Cos seus poderes máxicos podes facer unha labor grandiosa para a humanidade. Se te animas segue os seus pasossss...