martes, 15 de octubre de 2019

OS TITORES DE BACHARELATO REÚNENSE COAS FAMILIAS

Mañán xoves, día 16,  levaranse a cabo as reunións dos titores coas familias de cada grupo Nesta presentación recóllese algunha información de interese para as nais e pais do alumnado de bacharelato:

domingo, 13 de octubre de 2019

OUTRA OPCIÓN: O BACHARELATO STEM

O STEMBach é un bacharelato que tenta promover a vocación do alumnado cara a investigación científica e tecnolóxica, favorecendo unha mentalidade , rigurosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas.

O alumnado que curse este bacharelato, ben sexa na modalidade de Humanidades, Ciencias ou Artes, no segundo ano deberá de desenvolver un proxecto de investigación individual ou grupal con posterior defensa pública.

Consulta nesta infografía interactiva máis información, clicando nos botóns.

domingo, 6 de octubre de 2019

PRIMEIRA REUNIÓN DOS TITORES DA ESO COAS FAMILIAS

Xa queda moi pouco para que cada titora e titor teña unha xuntanza coas familias da súa titoría. Mentras tanto e para ir sabendo, estes  son algúns dos temas , que posiblemente se traten nas reunións. 




Xa comentábamos o curso pasado que a familia é unha peza clave no proceso de formación do alumnado. Polo tanto a colaboración é fundamental. Algunhas consideracións xa aparecen recollidas na presentación, máis, queremos facer fincapé nas seguintes:

Comunicación cos fillos
  • O manexo dun fill@ adolescente pode ser complicado para todas as familias.
  • Debe de haber un acordo entre a parella para afrontar a educación nesta etapa
  • Encubrir os fill@s frente á parella, rompe acordos ou simplemente desentenderse, é unha forma pouco axeitada.
  • O respaldo familiar, as palabras de ánimo e reforzó serán fundamentais, tanto se hai progreso académico, como se non o hai.
  • É aconsellable estar atentos á posibles cambios de humor e de conduta: cambios bruscos nas súas costumes, excesivo nerviosismo. Todo isto pode ser unha sinal de alerta. Neste caso, aborde o tema co seu fill@ e se isto non fose efectivo, infórmese a través dos profesores do Instituto. 
  • Manter unha comunicación en relación ós estudos e a vida do instituto. Neste aspecto, mellor que facer un interrogatorio, estade dispoñibles cando o voso fill@ vos conte ou  formule preguntas abertas.
  • É importante escoitar sen xulgar. Cando vos conte algún acontecimiento poderedes preguntar: E ti que pensas diso? Que vas facer ti?
O estudo na casa

  • Cada persoa ten unha forma característica de aprender, que non coincide ca doutras persoas. É importante que axuden ao seu fill@ a descubrir cal é a mellor maneira de estudar
  • Non hai unha única fórmula de organizar o tempo de estudo. É difícil precisar cantas horas deben adicarse a estudar, porque depende da dificuldade das materias, os deberes que haxa para ese día, a capacidade ou o estado de ánimo de cada estudante. Como norma xeral, é aconsellable adicar un tempo diario ( períodos de 25 minutos intercalados por pequenos descansos ) e, sobre todo, aprender a planificar as tarefas: decidir canto nos levará cada actividade, por cal imos a comezar, en que momentos poderemos descansar...
  • Sempre hai algo que facer. Aínda que non haxa deberes, pódese repasar o que se explicou na clase, pasar a limpo os apuntes, facer un traballo pendente, darlle un vistazo a un tema que se dará mañán... e pódese tamén ler un libro.
  • Convén manter ante o estudo unha postura activa. Isto se consigue relacionando o que se estuda con aspectos da vida diaria, profundizando e ampliando, pensando en qué cousas das materias poden ser interesantes... Se pensan que o seu fillo só se limita a memorizar ou volver a ler os temas unha e outra vez, anímeno a suliñar, facer esquemas, facer gráficas, consultar libros ou enciclopedias...
  • Cada persoa ten un ritmo diferente para estudar. Hai quen prefire empezar polo máis difícil e outros polo máis fácil. En xeral, é aconsellable non sobrecargarse de traballo ( por exemplo antes dun exame ) e facer descansos periódicos en cada sesión de estudo.
  • O ambiente de estudo é importante, temos que ter en conta que cada persoa ten as súas propias preferencias. Permitan as súas fillas e fillos estudar onde mellor o fagan, e incluso escoitando música ( non demasiado alta ), se eso lles axuda. Pero se vostedes ven que se distrae con frecuencia, o aconsellable é que busquen un lugar tranquilo, sen interrupcións nen ruídos.
  • Para estudar con proveito hai que estar en boa forma. É convinte ter unha alimentación axeitada, dormir o suficiente e facer algún tipo de deporte ou exercicio físico.
  • Estudar é importante, pero outras cousas tamén o son. É necesario que os seus fill@s aprendan a utilizar o tempo de ocio dunha maneira saludable. Ó longo da tarde debe haber tempo para estudar e tamén para outras ocupacións. 
  • Convén que os pais se interesen polo que fan os fill@s. Debe facerse sen transmitir a impresión de que estamos supervisando e vixiando. Se a súa filla leva un caderno de tarefas ou algo similar, revíseno periódicamente e estén moi atentos ás anotacións que poida ter escrito pola profesora ou profesor.
  • Estudar conleva esforzo. Animen ós fill@s e recorden que soe dar mellores resultados un premio ou alabanza verbal que un castigo.

miércoles, 2 de octubre de 2019

BECAS PARA ESTUDAR 1º DE BACHARELATO NO ESTRANXEIRO

Anualmente a Fundación Ortega convoca becas para que o alumnado de 4º de ESO teña a posibilidade no curso que ven, cursar 1º de bacharelato, en Estados Unidos ou Canadá. Estas axudas levan incluído:
  • 100% do custe dos servizos
  • viaxe de ida e volta
  • matrícula nun instituto, aloxamento e manutención nunha familia de acollida
  • seguro médico e de accidentes
  • convalidación do curso académico
  • asignación mensual para gastos menores

O procedemento de selección ten unha primeira fase donde  os 1800 participantes con puntuacións máis altas, terán que facer unha proba oral e entrevista a través dunha videochamada.
Amplía información consultando esta presentación interactiva.