domingo, 28 de abril de 2019

ESTOU EN 4º DE ESO. E DESPOIS, QUE FAGO?

Do 2 ao 22 de maio terás que facer entrega, dun documento sobre elección de materias para o vindeiro curso, ao teu titor/a. Esto permíteche dispoñer coa antelación suficiente,  da información que precisaS  para realizar unha axeitada elección. 

Aínda que non é VINCULANTE, sí será tida en conta para a oferta de materias optativas DEFINITIVA. 

Esto está supeditado ás necesidades de organización do centro e outras medidas determinadas pola administración educativa como o mínimo legal de alumnos matriculados por materia ( 10 ALUMNOS en materias específicas ). Polo tanto, é IMPORTANTE que cubrades este documento como se fose a matrícula definitiva.

Nestes días estarei nos distintos grupos para proporcionar información e orientación sobre este aspecto e outros que atoparedes na presentación. Se aínda así,  tes DÚBIDAS podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

RECORDA:  nos expositores e estanterías que hai diante do departamento de Orientación, tes moita información en formato papel. Nos andeis hai dípticos que podes coller, tanto da universidade como da formación profesional.

Se miras a  presentación poderás saber:
  • Percorrido do Sistema Educativo ata chegar a estudos superiores
  • Criterios de titulación
  • Nota media da etapa
  • Repetición de curso
  • Consello Orientador
  • Opcións ao rematar a ESO con título e sen título
  • O Bacharelato: modalidades, tipos de materias, vinculación cos estudos universitarios e de formación profesional
  • Parámetros de ponderación
  • Notas de corte e plazas en cada grao universitario no curso actual
  • Probas ABAU
  • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior
  • Bachibac
  • Ensinanzas de réxime especial: Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas de Idiomas, Ensinanzas Deportivas
  • Outras opcións

1 comentario: