miércoles, 30 de mayo de 2018

QUERO SER CIENTÍTICA!!


As profesións nas áreas STEM ( Science, Technology, Engineering, Arts and Mathematics ) teñen pouca representación de mulleres. Nos cortos deste coleccionable aparecen referentes femeninos para o fomento das vocacións científicas fomentando reforzar os estereotipos positivos sobre as mulleres nos ámbitos científico-técnicos e promovendo valores de igualdade de xénero.
Fonte: http://orientaguadalpin.blogspot.com/
Hecho con Padlet

martes, 29 de mayo de 2018

QUE DEBEN DE SABER OS ALUMNOS DE 3º DE ESO

Nestes días terás que facer entrega da pre-matrícula ao teu titor. Para facer eleccións correctas precisas saber algunha información que tes na presentación e que xa che expliquei nas aulas. Se aínda así,  tes dúbidas podes vir ao departamento de orientación para tratar de resolvelas.

jueves, 24 de mayo de 2018

CANDO PASE A 3º DE ESO TEÑO QUE SABER ESTO


Xa non queda case nada para que remate o curso. Tanto é así, que antes de mañán tes que entregar un documento de pre-matrícula no que aparece a relación de materias fixas que vas a cursar en 3º e outras que deberás de escoller con sentidiño. Falo das matemáticas aplicadas e académicas. Estes son os consellos que che daría:
  • As dúas teñen un temario case igual, é dicir os temas son os mesmos pero o nivel de dificultade e profundización é maior no caso das académicas.
  • Se tes pensado  continuar no Bacharelato é máis aconsellable cursar as académicas. 
  • Se o teu caso é facer un ciclo de FP despois da ESO chega con cursar as outras. Recorda que dende a FP tamén podes chegar a cursar estudos universitarios, se lle pos ganas.
  • Con todo, se non tes graves dificultades para superalas ou non che supoñen un atranco escolle as académicas.
  • Cando chegues a cuarto vas atopar dous itinerarios: ensinanzas académicas e aplicadas. O primeiro deles é para cusar o Bacharelato e o segundo para a Formación Profesional. Nembargantes o título da ESO é igual para todos e tampouco é vinculante. É dicir ti decides...
  • Tamén é interesante que revises o que xa che expliquei na clase sobre esa folla de ruta a seguir. Precisas ver, ata donde podes chegar vendo as distintas opcións educativas para ir delimitando que camiño queres seguir. 

miércoles, 23 de mayo de 2018

QUE DEBERÍAMOS SABER PARA PASAR A SEGUNDO

Aspectos importantes:
  • Percorrido polo sistema educativo
  • Estructura da ESO
  • Tipos de materias
  • Materias de 2º da ESO
  • Contidos básicos de Oratoria e Educación Financieira
  • Eleccións en 3 de ESO
  • 4º de ESO: Ensinanzas académicas e aplicadas
  • Criterios de promoción
  • Consello orientador
  • Nota media da etapa
  • Criterios de promoción
  • Criterios de titulación
  • Outras alternativas para acadar o título de Secundaria
  • A Formación Profesional Específica
  • Bacharelato
  • Outras ensinanzas 

domingo, 20 de mayo de 2018

RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS EN SANTIAGO


Xa está disponible neste panel toda a información, para solicitar unha residencia universitaria para o curso 2018/19 nos dous campus da USC: Lugo e Santiago de Compostela.

miércoles, 16 de mayo de 2018

INFORMACIÓN ACADÉMICA NO BACHARELATO

Contido da presentación:
  • Esquema do Sistema Educativo
  • Promoción e repetición no Bacharelato
  • Elección de materias en 2º de Bacharelato
  • Parámetros de ponderación
  • ABAU: Proba de bacharelato para acceder á universidade
  • O Bachibac
  • O Modelo Universitario Europeo: Plan Bolonia
  • Oferta de prazas nos graos universitarios 
  • Exemplo dun plan de estudos do grao de Bioloxía
  • A Formación Profesional Específica
  • Ensinanzas de Réxime Especial
  • Outros estudos
GRAO EN ENXEÑARÍA QUÍMICA

Diptico con información sobre:
  • Finalidade da titulación.
  • Saídas profesionais.
  • Aspectos mais destacados da titulación.
  • Instalacións da facultade da USC na que se imparte.

lunes, 14 de mayo de 2018

OFERTA EDUCATIVA DA ESCOLA DE ARTE PABLO PICASSO

Accede a información neste taboleiro. A oferta abrangue:
  • Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño
  • Ensinanzas Artísticas Profesionais
  • Talleres de oferta modular

Hecho con Padlet

QUE PODO FACER DESPOIS DE 4º DE ESO?


Esta é a presentación que se explicou nos grupos de 4º de ESO, con información sobre os seguintes aspectos: 
  • Criterios de titulación
  • Repetición de curso
  • Nota media da etapa e matrícula de honor
  • Consello Orientador
  • Bacharelato: acceso e modalidades
  • Criterios de promoción e repetición no bacharelato
  • Tipos de materias no bacharelato
  • Elección de materias en 1º de bacharelato
  • Relación das materias de bacharelato coas ramas de coñecemento dos graos universitarios
  • Parámetros de ponderación
  • As probas ABAU
  • O Bachibac
  • O Sistema Universitario en Galicia
  • A Formación Profesional Específica
  • As Ensinanzas de Réximen Especial
  • Outros estudos

sábado, 12 de mayo de 2018

RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO


Xa queda moi pouco para que o alumnado de 2º de Bacharelato remate o curso. A Consellería vén de publicar os períodos de reclamación e o procedemento para reclamar as cualificacións . Neste panel podes consultar os períodos de reclamación tanto na convocatoria ordinaria de xuño como de setembro. OLLO!!!! coas cores para diferenciar os prazos destas dúas convocatorias.

viernes, 11 de mayo de 2018

PREMIOS EXTRAORDINARIOS EDUCACION SECUNDARIA OBRIGATORIA

Clica nos botóns interactivos para acceder á información.

OFERTA DE PRAZAS NOS GRAOS UNIVERSITARIOS E OUTRAS NOVAS DE INTERESE


A CIUG vén de publicar a oferta de prazas nos diferentes graos para o vindeiro curso. No taboleiro podes facer a consulta e tamén:
  • Calendario de matrícula da ABAU
  • Calendario de admisión e matrícula nos graos
  • Os parámetros de ponderación
  • Notas de corte
Hecho con Padlet

jueves, 10 de mayo de 2018

ACCESO A ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO

Accede a toda a información neste panel.

ACCESO Á ARTE DRAMÁTICO

Consulta o panel

INSTRUCCIÓNS PARA ACCEDER Á ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓNS DE BENS CULTURAIS

Consulta neste tablón toda a información.

ADMISIÓN ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA

Consulta a información nestes posits.

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

Se non estás en posesión do título de bacharelato ou equivalente, podes presentarte ás probas para cursar estes estudos que aparecen recollidos neste post, explicando a súa oferta e outra información de interese.


A GARDA CIVIL 

A garda civil tamén é outra posibilidade...

AS FORZAS ARMADAS 

E se o que me gusta é algo das forzas armadas...

A POLICÍA LOCAL É OUTRA OPCIÓN

Para ser policía local debo de saber....
QUERO SER POLICIA NACIONAL!

Accede a toda información sobre as distintas escalas dentro do corpo de policía nacional, clicando esta presentación.