sábado, 18 de noviembre de 2017

NOVIDADES NA OFERTA DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA E OUTRAS INFORMACIÓNS VARIAS


O pasado Luns, 6 de novembro, a Universidade de A Coruña, convidou ós directores e orientadores dos centros, a participar  nunha xuntanza. Tivo por finalidade dar a coñecer a oferta de actividades, que esta universidade ten programado para o futuro estudantado do curso 2017/18. A continuación, expoño un resumo das consideracións máis importantes:

DOUS NOVOS TÍTULOS DE GRAO ( curso 2018/19 )

  1. Grao  en Xestión Industrial da Moda: Ofertaranse 50 prazas e POSIBLIMENTE estará vinculado a rama de coñecemento de Ciencias Sociais e Xurídicas e lóxicamente os parámetros de ponderación aínda están por determinar. Aínda que está máis orientado á Xestión Industrial tamén incluirá coñecementos en deseño de moda. Na elaboración e deseño do título contouse coa colaboración coas empresas do sector téxtil como é o caso de INDITEX. Para disfrutar dalgún programa de ERASMUS en universidades estranxeiras van a esixir un B2 en Inglés.
  2. Grao en Paisaxe: trátase dun grao interuniversitario. Os dous primeiros cursos impartiranse na Universidade de Santiago ( campus de  Lugo ) e o resto na universidade de A Coruña. Teñe previsto regular o plan de materias ou créditos non superados de 2º curso para 3º, priorizando estar matriculado na universidade na que están a cursar máis materias e facilitarlles algunha titoría, ben presencial ou á distancia, para superalas .É unha aposta grande dende diferentes institucións. Tamén ofertarán 50 prazas. Igual  que no caso anterior, están por regular os parámetros de ponderación.
TITULACIÓNS PREVISTAS PARA O CURSO 2019/20 ( pendentes de aprobación)

  1. Ciencias e Enxeñaría de datos e Informática: haberá 50 prazas.
  2. Creación, Animación e contidos dixitais : será simultánea con Comunicación Audiovisual: haberá 50 prazas.
TITULACIÓNS QUE PODERÁN  ADOPTAR ALGUNHA TRANSFOMACIÓN (curso 2019/20 ) 

  1. Grao en Información e Documentación: Incorporación de contidos dixitais para responder ás necesidades do mercado laboral. Haberá pasarelas para incorporarse ó novo grao, para aqueles alumnos que non teñan rematada a titulación.
  2. Doble grao en Administración e Dirección de Empresas e empresarias: tamén terá cambios.
  3. Grao en Enxeñaría Eléctrica: terá un formato dual. Esto quere dicir que parte da súa formación académica levarase a cabo en empresas.
TITULACIÓNS QUE DESAPARECEN

  1. Doble grao de Ciencias Empresariais e Arquitectura: pouca demada deste grao

ACCIÓNS ENCAMIÑADAS A DAR A COÑECER A OFERTA FORMATIVA DA UDC 

  1. Visitas dos alumnos ós campus de A Coruña.
  2. Visitas dos alumnos ós campus de Ferrol.
  3. Visita ó Centro de Investigación de Ciencias Avanzadas (CICA)
  4. Visita ó Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil ( CITEE )
  5. Visita ó Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicación ( CITIC)
  6. Visita ó Instituto Universitario de Medioambiente
  7. Visita o Centro de Innovación Tecnolóxica ( campus de Ferrol )
  8. Charlas informativas sobre titulacións universitarias.
  9. Charlas de divulgación científica.
  10. Charlas genéricas: ABAU, EEES, becas e axudas, grados da UDC...
LIGAZÓN RELACIONADO: ( novidades nas tres universidades galegas )

lunes, 13 de noviembre de 2017

#25 NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO


A violencia de xénero é unha lacra na nosa sociedade. As estadísticas son alarmantes. É necesario polo tanto, atopar formas de convivencia nas que mulleres  e homes vivan nunha sociedade libre e igualitaria. Unha maneira de loitar contra esta monstruoisidade, é educando as nosas alumnas e alumnos, na tolerancia e no respeto. 

Proposta para abordar este tema dende as titorías:

  • Para centrar ou introducir o tema utiliza esta presentación interactiva. Tamén se pode visualizar o video que aparece a continuación e que merece especial interese, pola significatividade que ten para os nosos alumnos do centro. Foi realizado o curso pasado na materia de Educación Plástica pola profesora Isabel Aller coa colaboración do alumnado de 4º de ESO. Nel aparece recollido o sufrimento, as inxustizas e o horror humano que desgraciadamente algún colectivo máis desfavorecido da nosa sociedade  padece. Esta curta formou parte do proxecto inhumano que traballamos dun xeito interdisciplinar o curso pasado.
  • A segunda parte consistiría en facer unha labor de investigación coas ligazóns que aparecen máis abaixo, para recoller distintas testemuñas de mulleres afectadas por situacións de maltrato e finalmente expoñelas  no corredor do Instituto.
  • Outra proposta é facer unha análise dalgún tema musical, canción ou videoclip, no que se considere que se poñen de manifesto aspectos discriminatorios.






Ligazóns para buscar información 
  • La escalera de la violencia
  • La historia de Pepe y Pepa
  • Mi novio me controla normal 
  • Soy una chica mala
  • https://smoda.elpais.com/moda/actualidad/entrevista-mujer-maltratada-dia-internacional-de-la-eliminacion-de-la-violencia-contra-la-mujer/
  • http://www.20minutos.es/noticia/880483/0/supervivientes/maltrato/machista/
  • http://www.enfemenino.com/feminismo-derechos-igualdad/testimonios-victimas-violencia-de-genero-s1999572.html.
  • http://www.eldiario.es/zonacritica/Carta-abierta-Ana-Mato-maltratada_6_303479675.html
  • http://ibasque.com/mujeres-muertas-en-espana-por-violencia-machista/

sábado, 11 de noviembre de 2017

INCLU(IMOS) ACEPTANDO AS DIFERENZAS 


A realidade das aulas é unha representación en pequeno,  da nosa sociedade. A diversidade humana abrangue un amplo abano. Moitas veces esas características que nos fan únicos e singulares son un acicate para a intolerancia. Estas situacións acontecen nos centros educativos, e é cando debemos de intervir para cambiar a mirada, aceptando as diferenzas como enriquecedoras, auténticas oportunidades para aprender. Sería unha mirada inclusiva. Una escuela igualitaria debe ser  para todas e todos os nenos.   

Este foi o enfoque que Eva Sanz Santás, orientadora no IES de Curtis, adoptou para preparar estas dúas presentacións. Nesta mesma liña,  tamén aparece un audio, en favor desta campaña de inclusión educativa que gravei, para contribuir a esa labor de sensibilización.






Ligazón relacionado:
http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/ishare-servlet/content/2c241c7b-fe72-4228-bf24-03a7b57c081f

sábado, 4 de noviembre de 2017

XORNADA DE CONVIVENCIA COS MEDIADORES


O pasado venres, 27 de Outubro, un grupo de mediadores e varios profesores fixemos unha ruta entre Baldaio e Caión. Esta xuntanza é sumamente importante, para lograr un sentimento de unidade e cohesión grupal. Reforza os sentimentos de seguridade e pertenza a un grupo, cun papel relevante na mellora da convivencia escolar. É unha ocasión para reforzar as relacións basadas no respeto mutuo, tolerancia e igualdade. Tamén e un xeito de expresar a nosa gratitude ós noso alumnos mediadores que participan activamente na resolución de procesos de mediación, e como consecuencia, no establecemento dun mellor clima no noso centro.







jueves, 2 de noviembre de 2017

QUE VAS SER O DÍA DE MAÑÁN?

Esta e outras preguntas similares, forman parte dun amplo repertorio, que seguramente moitos de nós recordamos dende ben pequenos. Os máis afortunados son aquelas personas vocacionais que enseguida atoparon unha resposta, pero non sempre este proceso de descubrimento é así, e tampouco garantiza que sexa acertado. 

A selección de videos, que aparecen neste taboleiro poden axudar nesta procura. Fai a escolla atendendo a estes criterios:
  • Corto de PIPAS: A importancia de ter uns coñecementos culturais mínimos que avalan a consecución do título de Graduado en Educación Secundaria.
  • Videos de motivación persoal.
  • Establece un plan de vida, tendo claro que supón, salir da túa zona de confort para pasar a unha zona de aprendizaxe, aumentando en seguridade e confianza persoal. Este proceso axuda a conseguir os teus soños, desexos.
  • Loita polos teus anhelos, por aquelo que queres, desenvolvendo os teus talentos, aínda que as circunstancias do teu entorno, non sexan favorables e incluso amenazantes.
  • Decide ó que che gustaría adicarte nun futuro, sen que os cartos medien de por medio.
  • Como escoller que estudar: reflexiona sobre as túas capacidades, actitudes, intereses, actitudes, posibilidades do entorno, habilidades...
  • O éxito como resultado de talento máis esforzo.
  • Enfrentarse á vida dunha maneira optimista e intelixente, cambiando a túa actidude.
  • Proxecto de vida: aportación e contribución a mellora da sociedade.
  • Elementos que condicionan as túas decisións: medos, creenzas, dudas, entorno, familia, amigos...
  • 5 cousas que podo facer para saber que me apasiona: non ter en conta os aspectos económicos, poñerlle ganas ó que xa estás a facer, rodearse de persoas que lles apasionan o que fan, pasar tempo solo para descubrir o que che gusta e probar a facer cousas novas.
  • 10 pedras nas que todos tropezamos cando tomamos decisión.

Hecho con Padlet