lunes, 29 de mayo de 2017

CAMIÑO A SEGUNDO DE ESO


A un mes escaso de rematar o curso, debes de coñecer:
  • O percorrido que me queda por recorrer ata cursar estudos superiores. Convén ter unha meta.
  • Os criterios de promoción ou como paso de 1º a 2º de ESO
  • Organización das materias de 2º de ESO
  • Contido dalgunhas materias que vas a cursar 
ENLACE PARA A DESCARGA

domingo, 28 de mayo de 2017

O TÍTULO DE ENSINANZAS ACADÉMICAS É IGUAL Ó TÍTULO DE ENSINAZAS APLICADAS ????? 


Xa quedou atrás, aquelo que a normativa nos decía, de que as ensinanzas académicas e aplicadas implicaban camiños diferentes, a non ser que facendo a reválida puideses ter ambas posibilidades, é dicir, bacharelato e formación profesional. 

Xa é coñecido por todos de que as reválidas só quedaron como probas de muestreo a realizar en algúns centros, sen efectos académicos, sendo o noso centro, un dos escollidos pola Consellería.

Á espera de saber en que condicións ou con que criterios van poder titular o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria ( xa era tempo de sabelo), a normativa que anexo máis abaixo dí textualmente, no seu artigo 1, apartado 2:  

Los títulos de graduado en Educación Secundaria Obligatoria expedidos hasta la entrada en vigor de la normativa resultante del Pacto de Estado social y politico por la educación permitirán acceder indistintamente a cualquiera de las enseñanzas postobligatorias recogidas en el artículo 3.4 de la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo. 

Polo tanto, xa podemos aclarar ó alumnado e as familias de que o título de Graduado en Educación Secundaria posibilita indistintamente cursar tanto Bacharelato como Formación Profesional. 


Vaia por diante que isto é así, ata que se chegue a un Pacto de Estado Social e político.


viernes, 26 de mayo de 2017

MENTRES NON SON AS ABAU

PARABENS!!!! para todos os que rematastes  2º de Bacharelato . Agora queda dar un repaso a todo,  para ir ben preparado e sacar a máxima nota posible, sobre todo para os que tedes que ter unha cualificación alta para acceder ó grao universitario que queredes. Moita sorte!!! Mentras tanto, bota unha ollada a estas ligazóns,  por se podes atopar algo útil e algún consello práctico para as probas que che quedan por facer, así como axuda para o proceso de solicitude de praza na Universidade.

jueves, 25 de mayo de 2017

CONSULTA AS NOTAS DE CORTE DE TODAS AS UNIVERSIDADES DE ESPAÑA


Neste taboleiro están as notas de corte de todas as Universidades de España, tanto públicas como privadas. Están organizadas por Comunidades Autónomas. Recorda que a nota de corte, non é unha nota que esixa cada Universidade, senón que é a nota do alumno, a quen lle adxudicaron a última praza de cada grao universitario.

Hecho con Padlet

miércoles, 24 de mayo de 2017

DENDE Ó BACHARELATO Á UNIVERSIDADE

Esta presentación contén información sobre:
  • Organización do Sistema Educativo
  • Criterios de promoción e titulación no Bacharelato
  • Itinerarios en 2º de Bacharelato
  • A nova selectividade: ABAU ( Avaliación do Bacharelato e acceso á Univesidade)
  • Parámetros de ponderación
  • O modelo universitario do Espazo Europeo de Educación Superior
  • Oferta de prazas nos Graos Universitarios de Galicia para o curso 2017/18
  • Exemplificación do plan de estudos do grao de bioloxía

martes, 23 de mayo de 2017

OS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO PODEN SER OUTRA POSIBILIDADE

Se aínda non tes moi claro que camiño escoller, os estudos de deseño de moda, de producto,  de interiores e gráfico poden ser outra opción para pensar. Recorda que os títulos son interactivos.

E SE QUERO FACER  ESTUDOS SUPERIORES DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS

Sí, esta é outra das alternativas que nos ofrecen as ensinanzas de réxime especial. Na nosa Comunidade Autónoma ofértanse en Pontevedra. Ó ser especiais,  teñen unha proba de acceso. Así que mira esta presentación,  se tes curiosidade por ver como se accede.. 

lunes, 22 de mayo de 2017

COMO É O ACCESO A ARTE DRAMÁTICO?

Se estás pensando en presentarte á proba para acceder o estudos de Arte Dramático que se ofertan en Vigo, sín dúbida, este é o teu post. Non esquezas premer ou pasar o rato polos títulos saber maís...

viernes, 19 de mayo de 2017

OPCIÓNS PARA ESTUDAR FÓRA  DA TÚA   CASA 

Se finalmente tes que ir a vivir fóra do teu domicilio familiar, dalle ó rato para ver que opcións hai na nosa Comunidade Autónoma. A Universiadade de Santiago xa ten publicada a convocatoria para o curso vindeiro 2017/18.

jueves, 18 de mayo de 2017

DENDE A FORMACIÓN PROFESIONAL Á UNIVERSIDADE

Os cambios normativos permiten que a elección da Formación Profesional, sexa un alternativa real para o alumnado que quere completar o seu itinerario formativo nun perfil profesional. 

Se das un paseo virtual por esta presentación descubrirás como dende o primeiro peldaño da Formación Básica podes chegar a ben arriba ata a Universidade, do mesmo xeito, que se cursas o bacharelato.

miércoles, 17 de mayo de 2017

INFOMACIÓN SOBRE O BACHARELATO E O  ACCESO Á UNIVERSIDADE

Información que aparece neste documento:
  • Un organigrama do Sistema Educativo.
  • Modalidades e tipos de materias do bacharelato.
  • Continuidade das materias de 1º e 2º de bacharelato.
  • Itinerarios educativos do noso centro educativo.
  • Criterios de promoción e repetición.
  • Consideracións fudamentais da ABAU ( Avaliación Bacharelato Acceso Universidade )
  • Parámetros de Ponderación
  • Relación entre as ramas de coñecemento dos graos universitarios e algunhas materias do bacharelato
  • Sistema Universitario Galego

martes, 16 de mayo de 2017

PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS ESPAÑOLAS


Neste panel recóllense os parámetros de ponderación de case todas as Universidades Públicas do estado español. A fonte de información procede da orientadora Neli Aramendia que os ten publicados no seu blogue.

Hecho con Padlet

domingo, 14 de mayo de 2017

OUTRAS ALTERNATIVAS ÁS ENSINANZAS DE RÉXIME ORDINARIO


Nesta presentación, aparece información relativa ás ensinanzas de réxime especial. Convén que pases o rato por enriba dalgúns títulos interactivos para poder ter maís datos.

viernes, 12 de mayo de 2017

TODO O QUE PRECISAS SABER PARA SOLICITAR A BECA XERAL DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN 

Aquí atoparás información sobre como foi a  convocatoria xeral de becas, do Ministerio de Educación, do curso no que estamos. Ten en conta que no pasado curso pubricouse no mes de agosto. A solicitude faise por Internet e previamente tes que rexistrarte na páxina do Ministerio. As bases e requisitos acostuman a ser as mesmas todos os anos. Parte dos mesmos, podes atopalo nesta colección de documentos:
  • Requisitos económicos
  • Requisitos académicos
  • Prazo de presentación
  • Cuantías das becas
  • Tipos de axudas
  • Guía de axuda moi ACONSELLABE con capturas de pantalla das diferentes seccións do formulario online, que terás que cubrir
  • Preguntas habituais
  • Ligazón ó formulario online ( operativo unha vez aberto o prazo )
Hecho con Padlet
HORARIO DAS ABAU E ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS

O curso de 2º de Bacharelato está chegando ó seu fin. A CIUG vén de publicar o horario das novas probas de acceso á universidade e o procedemento de matrícula, segundo as diferentes situacións de cada alumno, como é o caso do noso Instituto, no referente a dobre titulación: bacharelato español e Baccaleuréat Francés e alumnado que está cursando por segunda vez 2º curso. 

Hecho con Padlet

jueves, 11 de mayo de 2017

PROCEDEMENTO PARA A RECLAMACIÓN EN 2º DE BACHARELATO


lunes, 8 de mayo de 2017

VIDEOS DA UNIVERSIDADE DE LA RIOJA

Outra colección máis de videos para orientarse. Son de curta duración. A súa duración, en case todos eles,  é de menos dun minuto. Todos estes graos ofértanse nas universidades galegas, agás o grao de Enoloxía.

  • Grao en Lingua e Literatura
  • Grao en Enxeñaría Mecánica
  • Grao en Xeografía e Historia
  • Grao en Enxeñaría Informática
  • Grao en Química
  • Grao en Enxeñaría Eléctrica
  • Grao en Educación Infantil
  • Grao en Enxeñaría Electrónica
  • Grao en Dereito
  • Grao en Relacións Laborais
  • Grao en Enxeñaría Agrícola
  • Grao en Enoloxía
  • Grao en Turismo
  • Grao en Enfermaría
  • Grao en Educación Primaria
  • Grao en Traballo Social
  • Grao en Matemáticas
  • Grao en Estudos Ingleses
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
Hecho con Padlet

jueves, 4 de mayo de 2017

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

OFERTA DE PRAZAS NOS GRAOS UNIVERSITARIOS PARA O CURSO 2017/18


Enlace para a descarga

martes, 2 de mayo de 2017

RESPOSTA A ALGUNHAS DÚBIDAS DOS ORIENTADORES


Dende fai varios anos, o Equipo de Orientación Específico da provincia de A Coruña, organiza uns Encontros con Orientadores. Nestas xuntanzas, Magdalena Duarte Blanco e Manuel Guerra Fernández, inspectores de educación, expoñen dúbidas e aclaracións sobre o noso desempeño profesional. Algunhas das máis salientables, dende o meu punto de vista, son as que recollo neste documento. 



Enlace ó documento PDF para a descarga