lunes, 27 de abril de 2015

ALGO QUE NON  PODES DEIXAR DE LER...


Estas son as miñas frases favoritas. Todas elas forman parte dun traballo do equipo de tuitorientadores de guardia ( do cal formo parte na actualidade). Fixen unha selección daquelas frases e imaxes (que son a grande maioría), que podían ser acicates para a reflexión da situación actual do noso sistema educatvo e tamén da miña práctica orientadora. Como educadores que somos, non debemos de renunciar a loitar por unha sociedade mellor e é nese camiño, no que debemos de poñer todos os nosos esforzos. Así que, porqué non poñer este fluxo de imaxes e frases, no estupendo monitor , que temos na entrada do Instituto, en momentos de entradas, recreos... cando hai máis  vida nos pasillos!!! E quen sabe, ó mellor  a  alguén de nós nos pode sacar da nosa zona de confort!! 



Estas son as miñas frases favoritas. 
Fonte: Equipo tuitorientadores de garda 

miércoles, 22 de abril de 2015

Convocatoria para as Probas Físicas de Acceso ao Grao en CC da Actividade Física e do Deporte na Facultade de CC da Educación e do Deporte de Pontevedra. 


Prazo de inscripción: Ata o 15 de Maio

Data da realización da proba: 17 de Xuño





domingo, 19 de abril de 2015

Jesús Zapatero Herranz, Orientador dun centro educativo da provincia de Zaragoza , tivo a xenial idea de facer a gravación de dous videos, simulando nun destes videos, as inquedanzas e dúbidas, dun alumno de 2º de Bacharelato e no segundo as respostas dunha Orientadora.


jueves, 16 de abril de 2015

DISTRIBUCIÓN HORARIA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA LOE-LOMCE

lunes, 13 de abril de 2015

PRÁTICAS RESTAURATIVAS

O pasado venres 10 e sábado 11 de Abril, un grupo de profesores e varios Educadores Sociais do Concello, participamos nunha sesión de formación sobre Práticas Restaurativas.
Con Vicenç Rul.lan., Psicólogo escolar e mediador, fomos vendo o amplio espectro das Práticas Restaurativas desde accións máis informáis como poden ser as declaracións e preguntas afectivas e a súa aplicabilidade dentro da aula, ata procesos máis estructurados como os círculos restaurativos e reunions formáis.  Está baseadas na comunicación non violenta como unha maneira de expresarse e de dialogar  que facilita a comprensión entre as persoas.
A calidade da formación estivo marcada por ser predominantemente práctica con dinámicas de interación que nos permitiu reflexionar sobre cuestións como qué medidas poden favorecer a mellora da convivencia no noso centro educativo…
Tamén tivemos a oportunidade de que Vicenç levara a cabo círculos de diálogo en dous grupos de Secundaria coa finalidade de crear e fortalecer un sentimento de comunidade, ademáis de potenciar as habilidades de comunicación. 

martes, 7 de abril de 2015

ENQUISAS VOCACIONAIS ONLINE





Estes son algúns dos test que podes facer para decidir sobre o teu futuro. 
Varios tests sobre ramas de coñecemento no ámbito universitario
*** Precisa rexistro

A meirande parte dos tests forman parte do recopilatorio que figura en Orientaguía

domingo, 5 de abril de 2015


Programa de inmersión lingüística en inglés no verán para alumnado de 1º e 2º ESO 

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés no verán de 2015. O alumnado de 1º  e 2º de ESO asistirá ás colonias na primeira e segunda quincena do mes de xullo respectivamente   para traballar aspectos orais da lingua inglesa, mediante actividades lúdicas e deportivas que se desenvolverán en instalacións ubicadas no territorio español.

Destinatarios: 1º e 2º de ESO.

Prazo de presentación: Desde o 1 ata o 20 de Abril.

Requisitos académicos: 

  • Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos no presente curso
  • Ter acadado, como mínimo, " notable" como nota media no curso 2013/14
  • Ter acadado, como mínimo, " notable" como nota final na materia de Inglés no curso 2013/14
  • No ter sido beneficiario desta axuda en convocatorias anteriores
Para máis información: